Como vimo ata o
de agora o Dereito non se identifica coa vontade
do máis forte, nin sequera coa vontade das
maiorías cando estas non son lexítimas.
Tampouco é un mero instrumento ao servicio
da orde e o poder. En cambio sempre que se reflexiona
sobre o dereito chégase á conclusión
de que a súa intención é promover
unha convivencia na que imperen os valores fundamentais
para o ser humano: a paz, a liberdade, a igualdade...
Un sistema con esas características é
o que denominamos un sistema xusto. A consecución
da xustiza é o que lexítima un sistema
legal.
Nesta lección estudiaremos os distintos
ángulos desde os que pode estudiarse o problema
da xustiza, as súas principais definicións
e tipos. O recurso a textos históricos e
filosóficos será fundamental para
a comprensión deste concepto pero debe terse
en conta que a sucesión de aproximacións
históricas ao concepto non supón a
eliminación sen máis de definicións
anteriores. Todas elas seguen a ser válidas
na actualidade, aínda que en cada época
histórica, e na nosa tamén, teña
predominado un determinado xeito de entendela. A
lección mostrará un cambio fundamental
entre a visión e o ideal da xustiza na época
antiga e o que xurde na modernidade.
|
|
|
|
|
|
Na película
" voto decisivo"
presentase o problema de decidir a promulgación
dunha lei tomando en consideración cál
sería a postura máis xusta
|
“A da cabaleiría andante”,
respostou don Quixote, que é tan boa como a
da poesía, e aínda dous deditos máis.”
“Non séi qué cencia sexa ésa”,
replicou don Lourenzo, e ata agora non chegou a min
nova.” “É unha cencia”,
replicou don Quixote, “que enceerra en sí
todas ou as máis ciencias do mundo, a causa
que o que a profesa ten que xurisperito e saber as
leis da xustiza distributiva e conmutativa, para dar
a cada un o que é seu e o que lle convén.
Don Quixote da Mancha. Cáp.. XVIII |
-
Escribe alo menos cinco frases
onde apareza a verba "xustiza" tomada en
distintos sentidos e explica cal sería en cada
caso ese sentido.
-
Escribe unha definición
persoal de xustiza que trate de respostar ás
seguintes cuestións: ¿A natureza é
xusta ou inxusta? ¿A xustiza proporciona a
felicidade individual e colectiva? ¿Cál
é o valor fundamental que debe predominar nunha
sociedade xusta?
-
¿Qué opinas da frase
de Platón: "Un home xusto é feliz
e un inxusto é infeliz?
|
|
|
|
—A xusticia, en efecto, é algo semellante
ao que prescribíamos, aínda que non se refire
ás accións exteriores do home, senón
ao seu interior, non permitindo que ningunha das partes
da alma faga outra cousa que o que lle concerne e prohibindo
que unhas se entremetan nas funcións de outras.(...)
entón é cando comeza a obrar, xa se propoña
reunir riquezas ou coidar o seu corpo, xa consagrarse
á vida privada ou á vida pública;
que en todas estas circunstancias dea o nome de acción
xusta e boa á que crea e mantén nel esta
boa orde, e o nome de prudencia á ciencia que preside
as accións desta natureza; que, polo contrario,
chame acción inxusta á que destrúe
nel esta orde, e ignorancia á opinión que
preside unha acción semellante. Platón:
Gorgias, 496-497.
|
|
|
A xustiza é en primeiro lugar
unha calidade posible, pero non necesaria, dunha orde
social que regula as relacións mútuas entre
os homes. Só secundariamente é unha virtude
humana, xa que un home é xusto se a súa
conducta se adecua ás normas dunha orde social
supostamente xusto. Pero que significa realmente dicir
que unha orde social é xusta? Significa que esta
orde regula a conducta dos homes dunha forma satisfactoria
para todos, é dicir, que todos os homes atopan
nel a felicidade. A busca da Xustiza é a eterna
busca da felicidade. É un fin que o home non pode
atopar por si mesmo e por iso o busca en sociedade. A
xustiza é a felicidade social, garantida por unha
orde social.
Kelsen,
Hans, ¿Qué es la justicia?
Pág. 35 Planeta Agostini, Barcelona, 1993. |
|
|
Investigación:
A definición de xustiza
A. A xustiza como virtude individual
Investiga e despois le o texto e resposta:
¿Cáles son as tres partes que ten a alma segundo
Platón? ¿Qué funcións ten cada unha?
¿Con qué virtude se relacionan? Para Platón,
¿a xustiza é unha virtude da persoa ou do Estado?
¿Podería existir unha sen a outra? ¿Cáles
son as súas fins?
B. a xustiza como virtude social
Le o texto e resposta:
O texto seguinte propón unha visión máis
social da xustiza que a platónica ¿Poderíamos
saber segundol cuando se actúa de un modo justo, independientemente
de la comunidad en la que vivamos?
|
|
|
Importa
pouco, en efecto que sexa un home distinguido o que despoxara
a un ciudadán escuro, ou que o ciudadán
escuro despoxara a un home distinguido; importa moi pouco
que sexa un home distinguido ou un home escuro o que cometera
un adulterio; a lei só mira á natureza dos
delitos e trata ás persoas como completamente iguais.
Só se coida de averiguar se un foi culpable, se
o outro foi víctima; se un cometeu o dano, e o
outro o sufreu. Por conseguinte, o xuíz só
trata de igualar esta inxustiza, que non é máis
ca unha desigualdade. (...) Aristóteles.
Ética a Nicomaco. L.V Cáp.. IV
|
|
|
O outro aspecto é o que se
refire á xustiza relativa aos contratos... por
exemplo, á venda, á compra, ao préstamo
con intereses, á garantía, ao aluguer, ao
deposito, ao salario, se les chama voluntarios, porque
o principio de que dependen é o de consentimento
libre. (...). O igual que ocupa o medio entre un e outro
é o que chamamos xusto; e, en resumo, o xusto,
que ten por obxecto reparar os danos, é o medio
entre a perda ou o sufrimento de un e o proveito de outro.
Aristóteles.
Ética a Nicomaco. L.V Cáp.. IV
|
|
|
Se as persoas non son iguais, non
deberán tampouco ter partes iguais. E de aquí
as disputas e as reclamacións, cando aspirantes
iguais, non teñen partes iguais; ou cando non sendo
iguais reciben, sen embargo, porcións iguais. Esto
mesmo é evidente se, en lugar de mirar ás
cousas, se mira ao mérito das persoas que as reciben.
Todos están de acordo en recoñecer que nas
particións o xusto debe acomodarse ao mérito
relativo dos contendentes. Só que non todos fan
consistir o mérito nas mesmas cousas. Os partidarios
da democracia colocano só na liberdade; os da oligarquía
colocano, xa na riqueza, xa no nacemento; e os da aristocracia,
na virtude. Aristóteles.
Ética a Nicomaco. L.V Cáp.. III
|
|
|
Investigación:
A xustiza e os seus tipos
1. Cómo vimos a definición de
xustiza non é fácil e, sen embargo é crucial
pois afecta aos principios nos que deben asentarse os nosos
sistemas legaies. Historicamente distinguiuse entre varios tipos
de justicia ¿Cáles son os principais? Da unha
definición de cada un de eles. ¿A qué autor
se debe a primeira definición?
A. A xustiza retributiva ou legal
2. ¿Aristóteles afirma que a reparación
do dano pódea levar a cabo o individuo en solitario ou
debería ser algún axente social?
¿Sería xusto que o delito se pagase sempre cun
castigo similar (lei do talión)? Para respostar a esta
cuestión repasa a lección anterior e as túas
respostas sobre a finalidade do sistema xudicial.
B. A xustiza conmutativa ou contractual
¿Podería dicirse que nos casos de contrato voluntario
non pode reclamarse que exista dano, pois este é consentido
pola parte prerxudicada? Analiza para respostar o caso que che
propomos sobre as reclamacións ás compañías
tabaqueiras
Xoves, 15 de marzo de 2001
Unha xuíz absolve a Altadis dunha morte
por cáncro de pulmón
A
sentencia explica que non se aclarou se o
tabaquismo causou oóbito
|
C. A xustiza distributiva ou social
¿Cres que a seguinte sentencia é xusta? ¿Qué
definición de xustiza estás aplicando para decidilo?
¿Desde un punto de vista distributivo ou social sería
xusta?
Lunes, 14 de maio de 2001
Absolta unha empresa que 'discriminóu'
a unha abogada por dar a luz
Os
xuíces defenden as 'necesidades organizativas'
da compañía
|
¿Quén decide cáles son os méritos
de cada persoa á hora do reparto de bens? Pon un exemplo.
¿Cál crees ti que debería ser o criterio
á hora de decidir a distribución: os ingresos,
o traballo, a raza, a intelixencia....? Pon exemplos.
|
|
A definición de xustiza
Como vimos, a noción de xustiza é
unha noción complicada na que se entrecruzan varias
áreas de coñecemento e de acción humana:
a ética, a política e a filosofía do
dereito. A noción de xustiza ten a súa orixe
e aplicación nas accións humanas e, por iso
é unha noción fundamentalmente ética,
porque é a ciencia que regula estas accións;
pero onde a reflexión sobre a xustiza acada o seu máximo
nivel é no momento no que se tenta a súa realización
a través dun sistema de normas establecidas de forma
positiva no Dereito. A filosofía do Dereito reflexiona
sobre o xeito de establecer códigos que garantan o
establecemento da xustiza. Pero, como tamén temos visto,
calquera acción humana é fundamentalmente unha
acción social; de feito, o Dereito e os seus códigos
teñen valor, en tanto tratan de organizar a vida social
de acordo con ese ideal de xustiza. É por iso a reflexión
sobre a xustiza manifiestase tamén no debate político,
porque é aí onde se mostra a relación
entre o ideal de sociedade, os procesos económicos
que a xeran e a manteñen e os códigos que lle
proporcionan a orde e a estabilidade necesaria. A filosofía
política reflexiona fundamentalmente sobre a xustiza
en relación ao reparto de bens e a organización
social.
Todas estas reflexións teñen
en común un obxectivo básico: A consecución
do ben, que no caso dos seres humanos é sempre un ben
só realizable en sociedade (o ben común). O
ben común representa a posibilidade de vivir en comunidade,
pero tamén e por iso mesmo, a única posibilidade
de vivir como seres humanos. Por iso o ben común inclúe
tanto os bens que precisa unha comunidad para realizarse (defensa,
comercio, industria...), como os bens que precisan os individuos,
tanto físicos (saúde, vida...) como os psicolóxicos
(educación, afecto, seguridade emocional...) e os morais.
Todos estes factores están involucrados na consecución
da xustiza.
A nosa idea de xusticia abarca, en xeral,
moitas acepcións, que tendo un punto en común,
atenden sen embargo a aspectos distintos. Así por exemplo
podemos falar de xustiza como unha característica da
relación entre as persoas dunha comunidade. Falamos
dela no senso de orde ou de estabilidade e tamén como
dunha característica particular dalgúns individuos
que realizan accións que tenden a ese ben común
do que falabamos arriba. Por fin tamén dicimos xusta
a unha transacción na que é igual o que se da
ao que se recibe sen menoscabo para ningunha parte. Todas
estas ideas acerca da xustiza teñen en común
un sentido da igualdade no trato entre os distintos individuos,
que semella ser o que máis se achega á idea
de ben común. Sen embargo algunha destas definicións
achegase máis a unha definición ética
de xustiza, en tanto se define como característica
dunha acción individual, unha virtude do carácter.
Outras, en troques, fixanse máis no ámbito da
relación humana como un intercambio mutuo, a xustiza
sería para estas unha característica do proceso
e non dos individuos.
A xustiza como virtude individual
Entre os antigos a definición de xustiza
tiña claramente unha orixe moral. Son os seres humanos
os que, ao ser xustos nas súas accións (porque
teñen carácter xusto) os que poden establecer
comunidades baseadas en tratos xustos e, polo tanto, sociedades
perfectas que tenden ao ben común. Desde este punto
de vista a xustiza é unha virtude (un valor ético
que regula a vida espiritual e social do ser humano) que permite
que o individuo realice accións das que resulta o equilibrio
e a orde, primariamente para o seu propio estado anímico
e, como consecuencia, para a sociedade.
Se consideramos a xustiza como virtude do
ser humano, será xusto calquera acto que lle permita
realizar todas as súas capacidades e formar a súa
personalidade sen prexudicar aos outros seres humanos. Só
desta realización de capacidades pode xurdir a felicidade,
que é o máximo ben para cada un dos seres humanos.
Platón entendía que esta realización
de capacidades pasaba polo equilibrio das potencias da alma
(a razón e o instinto) que daba como resultado unha
vontade forte dirixida con sabiduría. Como o home sabio
non pode deixar de recoñecer que esa realización
de capacidades, fundamentalmente as racionais, precisa do
concurso dos outros, o ben individual debe ir ligado ao ben
social. En efecto, se a fin do home é a felicidade
e a perfección, e esta só pode darse en comunidade,
a xustiza será a virtude social tamén por excelencia.
Así o equilibrio social e a plena realización
das capacidades de unha sociedade (progreso, benestar..) consiguense
cun trato xusto entre todos os individuos que a compoñen.
Ao mesmo tempo o ben social e a xustiza permiten a realización
dos seres humanos no ben e a perfección, é dicir
formar seres humanos xustos.
Inspirándose en Aristóteles
e nos xuristas romanos, Santo Tomás define a xustiza
cómo "o hábito segundo o que alguén
con constante e perpetua vontade respecta a cada quen o seu
dereito" . A vontade constante alude á virtude,
isto é, a unha disposición firme, rexida pola
razón e a vontade, que son os constitutivos máis
elevados o ser humano. Respectar a cada quen o seu dereito
é darlle o que se lle debe, e implica un débito,
unha débeda, isto é, algo que se debe, non porque
sí, senón por lei.O que se lle debe a alguén
teno como dereito.
A xustiza como cualidade social
Na modernidade e desde a obra de Maquiavelo,
trataronse de forma separada a noción moral da xustiza
e a noción legal e política da mesma. Seguindo
a anterior definición de Tomás de Aquino, se
a xustiza radica en respectar o dereito, e o dereito se establece
a partir do poder establecido na sociedade, serán xustos
aqueles actos que respecten as leis establecidas. A cuestión
da xustiza reducese, así na modernidade a un axuste
entre unha conducta individual e unha esixencia social. A
reflexión sobre a xustiza non debe atender aos valores
sobre os que se asenta unha comunidade porque o proceso polo
que esta se forma é a orixe deses valores que se fan
explícitos nos seus códigos. Os valores sobre
os que se asentan os códigos son convencionais e polo
tanto xustiza sería sen máis o sistema formado
historicamente por normas e institucións xurídicas
do estado. Esta é unha visión positivista da
xustiza.
Sen embargo e desde o punto de vista social
pódese tomar en consideración sobre quen deben
recaer as accións xustas: só sobre o individuo
ou tamén debemos ter en conta a comunidade en xeral,
ou máis ben a xustiza ten que ver co equilibrio entre
grupos sociais. Desde esta consideración sobre a xustiza
xurden as consideracións de como se deben compensar
os sacrificios e aportacións dos individuos á
comunidade e tamén como poden compensarse as desigualdades
previas á formación da comunidade política.
Este último ámbito da xustiza sobrepasa, con
moito, a reflexión sobre a normativización da
vida en comunidade.
A xustiza e os seus tipos
A partir destas reflexións pódense distinguir,
como xa fixera Aristóteles entre tres tipos fundamentais
de xustiza:
A xustiza legal ou
retributiva que regula as relacións do individuo
coa lei do estado do que forma parte e cos outros individuos
que o conforman (suxeitándose aos códigos).
Algúns autores distinguen entre xustiza legal e retributiva,
defendendo que está última está adicada
á aplicación de penas, mentras que a primeira
a establecer os principios de igualdade en tratos e dereitos.
A xustiza conmutativa regula as relacións entre
particulares nas relacións particulares e voluntarias,
polo tanto non suxeitas a código legal. Enténdese
que o seu ideal debe ser a igualdade no trato, por exemplo
nun contrato de compraventa a relación entre as partes
(comprador e vendedor) debe ser igualitaria e se, por exemplo
unha das partes firmara o pacto obrigada, o trato sería
inxusto, como tamén o sería se, aínda
que fora voluntariamente se pactará un precio menor
do debido.
A xustiza distributiva ou social: regula as relacións
e dereitos do individuo respecto ao Estado e aos bens comunitarios.
Este tipo de xustiza non se refire a calquera distribución
se non só á distribución de recursos
e bens materiais comúns. Este tipo de xustiza ten ao
Estado como distribuidor e aos individuos como receptores.
Para levala a cabo precisase un criterio segundo o que distribuir
os bens (salarios, educación, sanidade...) e un procedemento
que garanta a aplicación dese criterio. Atopar un criterio
e un procedemento xustos son parte fundamental da filosofía
política. En xeral a xustiza distributiva atende á
distribución tendo en conta o mérito ou demérito
de cada ciudadán, pero como a situación de desigualdade
é previa á orixe da sociedade, tamén
debe tentar eliminar esas diferencias á hora de establecer
o reparto de bens. Desta preocupación parte a noción
actual de xustiza social que, aínda que pode entenderse
incluída na noción de xustiza distributiva,
ten sen embargo tanta influencia na actualidade política
que algúns autores entendena como unha especie distinta
de xustiza.
Leer
máis textos>>
|
|