O SER HUMANO
COMO SER SOCIAL |
|
|
|
|
|
Como moitas outra
especies, o ser humano é un ser social. Como
as abellas, as formigas, ou os lobos, o individuo
humano crece, desenvolvese como tal no medio e coa
axuda dos seus conxéneres.
Pero o ser humano non está
atado aos seu instintos na mesma medida que os outros
animais sociais. As abellas e os lobos manteñen
a cohesión social efectuando labores e mantendo
regras de relación programadas no seu código
xenético. Non son normas libremente elexidas.
As persoas, en cambio, debido a esta deficiencia
instintiva, necesitamos para facer posible a nosa
vida en sociedade, crear normas e institucións.
Estas normas e institucións poden ser de
formas variadas, pero a súa necesidade é
incuestionable... Pero ¿é seguro isto?
Só no caso de que necesitásemos realmente
vivir en sociedade. O propósito desta lección
é demostrar que ao ser humano non lle queda,
de verdade, ningunha outra posibilidade. |
|
|
|
|
No film El resplandor
de Stanley Kubrick (1980), basado nunha novela de
S. King respostase ao optimismo da novela Robinsón
Crusoe de Daniel Defoe, presentando unha historia
na que a soedade prolongada conduce irremisiblemente
á loucura e a autodestrucción. |
|
O
mito de Tarzán: Un home criado entre animais
sen ningún contacto social, que logra convertirse
no Rei da Selva. Personifica o mito do Bo
Salvaxe
de Rousseau.
Na foto vemos unha escena da última versión
deste mito: Greystoke de Hug Hudson. Deberemos recordar
sen embargo que "salvaxe" e "primitivo",
considerados sinónimos durante algún
tempo, non o son en absoluto.
|
|
Nunha vida de Robinsón,
solitaria, nunha illa deserta ¿serían
necesarias as regras? ¿de que tipo? ¿Poderíamos
sobrevivir se non fose en grupos? ¿cres
que o mito de Tarzán podería ser
real? Le o texto de Pessoa e xustifica a reposta.
|
Le algúns fragmentos do
Emilio de Rousseau ¿Cres que os
requisitos que propón para a educación,
son requisitos naturais? Xustifica a resposta.
|
|
|
|
|
O
enunciado de que o ser humano se produce a si mesmo non
implica de ningún xeito unha especie de visión
prometeica do individuo solitario. A autoproducción
do ser humano é sempre, e por necesidade, unha
empresa social. Os seres humanos producen xuntos un ambiente
social coa totalidade das súas formacións
socioculturais e sicolóxicas. Ningunha destas formacións
debe considerarse coma un produto da constitución
biolóxica do home, que como xa se dixo, só
proporciona os límites exteriores para a actividade
productiva humana. Así como é imposible
que o ser humano se desenvolva como tal no illamento,
tamén é imposible que o ser humano illado
produza un ambiente humano. O ser humano solitario é
ser no nivel animal (que comparte, por suposto, cos outro
animais). Tan axiña como se observan fenómenos
especificamente humanos, introducímonos no dominio
do social. A humanidade específica do home e a
súa sociabilidade están entrelazadas intimamente.
O homo sapiens é sempre, e na mesma medida,
homo socius.
O organismo humano carece os medios biolóxicos
necesarios para proporcionar estabilidade ao comportamento
humano. Se a existencia humana vólvese a quedar
a mercede dos únicos recursos do seu organismo,
sería unha especie de caos, empíricamente
inaccesible, aínda que concibible en teoría.
A existencia humana desenvólvese empiricamente
nun contexto de orde, dirección e estabilidade
(...)
Podemos preguntarnos de que xeito xorde
a propia orde social. A resposta máis xeral a esta
pregunta é que a orde social é un producto
humano, ou máis exactamente, unha producción
humana constante, realizada polo ser humano no curso da
súa continua externalización. A orde social
non se da biolóxicamente nin deriva de datos biolóxicos
nas súas manifestacións empíricas
(...) Existe só como producto da actividade humana.
Berger y Luckman La construcción social
de la realidad
|
|
Investigación:
A orde social e a cultura
1. Aporta as razóns que che pareza
máis importantes para vivir en sociedade.
2.Elabora unha definición de cultura
que teña que ver con esas necesidades humanas de vivir
en sociedade.¿Qué funcións cumple a cultura?
Busca exemplos de tipos de normas culturais que sexan distintas
para distintas culturas. Busca un exemplo de norma que sexa
transcultural.¿En qué forma nos socializamos nunha
cultura?
Tamén podes
ler o documento seguinte
3.Discusión: ¿varóns
e mulleres, somos iguais? ¿Por natureza ou por imposición
cultural? ¿Cómo se podería explicar por
qué cambiou tanto o papel da muller nos últimos
70 anos, pasando de estar subordinada ao varón en case
todo a unha completa igualdade ante as leis? Resume as posturas
plantexadas na discusión e da a túa opinión
persoal respecto ao tema.Para aclarar conceptos le o seguinte
artigo de El País semanal.
|
Na película O
pequeno salvaxe de F. Truffaut narrase o descubremento
e posterior intento de socialización dun neno salvaxe
atopado nos bosques de L’Aveyron, en 1978. Nun momento
do film Itard trata a Víctor inxustamente, para
comprobar se ten interiorizado o concepto de xusticia
¿Cal é a reacción de Víctor
e qué explicación ten? ¿qué
relación garda cos procesos de socialización? |
|
|
|
Dilema
Unha noite nunha discoteca dúas persoas coñecense
e pasan a noite xuntas, despoís non se voven ver
en varias semanas. De repente unha delas é invitada
a unha boda dun membro da súa familia. A boda,
algo apresurada polo embarazo da noiva, tómalle
por sorpresa, pero a sorpresa aumenta ao darse conta de
que un dos contraíntes é a persoa coa que
pasou a noite. ¿Debería para a boda no momento
en que o cura pregunta se alguén coñece
algunha razón para que non se celebre? ¿Por
que?. Para respostar deberás ter en conta: a) Se
a acción pertence ao ámbito da intimidade
da persoa que coñeciches e b) se o seu compromiso
(privado) con esa persoa require a fidelidade ou non.
¿Que decisión adoptarías? Para valorar
o teu nivel de razoamento pincha no icono |
|
Investigación:
O privado e o público
1. Para aclarar conceptos:
Na vida diaria oímos a miudo a frase “non é
asunto meu” ¿En cal das situaciones seguintes dirías
que o asunto en cuestión non lle incumbe a ninguén?
¿Por qué?
a) Saber cando vou a votar noiva ou casar.b) Saber como obtiven
os cartos das miñas contas correntes. c) Que os fillos
do veciño vaian vestido de farrapos. d) Que me de a gaña
de comer un gato para almorzar. e) Que me negue a segar a herba
do meu xardín. f) Masturbarme
2.Pensa en tres problemas ou decisións
que afecten só á vida íntima dos individuos
e pensa tres que afecten á relación con outros
individuos ¿Que marca a diferencia entre os dous tipos?
3. Pensa nalgún caso no que o que se
consideraba de ámbito privado logo se teña convertido
nun problema de orde publica e/ou social, e se tivesen que dictar
leis sobre o tema. |
|
Os códigos
que sancionan e prescriben as conductas a seguir, son necesarios
porque vivimos en comunidade e en continua interrelación.
En solitario as únicas regras que deberiamos seguir
serían de orde práctica e de supervivencia.
Se puidesemos, de feito, vivir illados, calqueira discusión
acerca da necesidade das normas non sería necesaria.
As normas establecerianse só cando elexiramos e pactáramos
vivir xuntos. Pero, ¿podemos vivir illados? A maior
parte das persoas cremos que si, pero se nos paramos a pensar,
a vida humana é esencialmente gregaria.
Debemos xuntarnos para reproducirnos, protexernos, producir
os bens necesarios para sobrevivir (mediante a distribución
do traballo) pois ninguén é autosuficiente.
Ademáis a necesidade de agrupamento do ser humano vai
máis aló dun simple gregarismo deste tipo. A
capacidade racional dos humanos fai necesario o diálogo.
Razón e linguaxe van sempre xuntos e son requisito
un para o outro. Ámbalas dúas son actividades
simbólicas. o que fai do ser humano o que é,
é a súa racionalidade e esta implica ao outro
co que dialoga. Nesto non temos elección: Se abandonase
a vida en comunidade, o individuo perdería a súa
condición humana. En realidade non é posible
abandonala, porque cando se deixa de adulto, xa se está
socializado nela e abándonase levándo unha parte
dos seus sistemas de vida. Se nunca se viviu en comunidade
(nin social, nin familiar, nin grupal) non terei siquera linguaxe
nin, polo tanto, actividade racional, no sentido humano do
termo.
A vida en comunidade do ser humano non é
un simple agrupamento que podería estar rexido polas
leis da natureza, senón que é un vivir xuntos
usando as mesmas regras racionais que me permiten poñerme
no lugar doutro. A sociedade humana é unha comunidade
de individuos que ten unha entidade propia, por riba dos individuos
que a conforman. Cando un individuo, recén nado ou
vido de fora da comunidade, se incorpora a ela, atópase
cunha serie de sistemas de convivencia que debe aceptar. A
comunidade garante que este proceso se leve a cabo mediante
procesos de socialización.
Socialización é o proceso polo
que un membro dunha sociedade absorbe a súa cultura
e se integra nela. A socialización é un proceso
que dura toda a vida, aínda que é máis
intenso na infancia e levase a cabo mediante axentes socializadores
diversos: familia, escola, relacións amistosas, leis,
a reprobación social, a relixión, etc. Os procesos
de socialización modelan o noso carácter e a
nos forma de actuar de forma que case toda a nosa conducta
está regulada socialmente. Cabería esperar que
naqueles ámbitos nos que as nosas accións non
impliquen a ninguén como no ámbito do íntimo,
a interferencia dos modelos sociais sexa mínimas.
Sen embargo, en ocasións, é
difícil delimitar cando unha acción se corresponde
co ámbito da intimidade. Alguén pode alegar
sempre que unha acción nosa lle molesta e, polo tanto,
vulnera o seu dereito á liberdade. Por esta razón
os códigos de regras sociais varían os seus
ámbitos de aplicación dependendo das sociedades,
do avance técnico ou da relixión maioritaria.
En calquera caso, todas as interferencias no ámbito
do íntimo deben estar xustificadas ou lexitimadas,
aínda que estas interferencias consistan só
en reprobación social ou moral. En canto ao ámbito
do privado, discuteuse moito acerca da necesidade de que os
poderes públicos interveñan nas relacións
privadas entre os individuos, e as diversas opinións
deron lugar, como veremos máis adiante, a diversas
interpretacións e teorías sobre o Estado.
Moitas normas legais e sociais poden considerarse
unha intrusión inxustificada no ámbito da intimidade
persoal, por exemplo a decisión de morrer, de abortar...
Nestes casos hai que ter en conta a que outros afectará
a decisión de morrer e ata que punto deberán
prevalecer os dereitos destes outros sobre os meus e en que
circunstancias a lei debería lexislar ese conflito
de intereses.
O que queda claro é que, ao vivir
en sociedade renunciamos a unha parcela de liberdade e de
intimidade, en beneficio dos demáis que, a súa
vez, renuncian tamén en parte a ela. Os límites
do individualismo é un dos problemas éticos
da sociedade contemporánea. Podería afirmarse
tamén que sería desexable non ter constituído
a sociedade e vivir en absoluta liberdade. Sobre eso poderánse
algar razóns a favor ou en contra, pero temos que vivir
co feito de que existimos en sociedade e por iso, deberemos
definir coa maior precisión e xusticia posible nas
normas que regularán esa convivencia.
Leer
máis textos>>
|
|