O PROCESO LEGAL

Nesta lección aprenderemos en que consiste un proceso xudicial, cales son as normas procésais fundamentais e tamén como iniciar un proceso ou defendernos no caso de estar imputado nalgún. Pero tamén será fundamental a reflexión acerca dos fundamentos morais que debe ter unha actuación xudicial. É fundamental non perder de vista que, como calquera outra actividade comunitaria, os suxeitos que a levan a cabo e a padecen son seres humanos e teñen polo tanto (como vimos na lección anterior) dereito a que se lles trate de acordo coa súa dignidade persoal. Iso quere dicir algo máis que cumprir coas normas procésais, require tamén que se lle outorgue toda a atención e a dedicación que requeriríamos de ser nos os imputados.
Na segunda parte da lección tentaremos reflexionar sobre a polémica acerca de cál é o sistema de aplicación de xustiza máis eficaz ou máis xusto: xuízes ou o novo sistema do xurado.

Cuestións Previas

12 homes sen piedade é un film clásico no que, Sidney Lumet conta como funciona un xurado á hora de tomar decisións, as distintas motivacións e graos de implicación coa xustiza.

Fai unha caracterización de cada un dos membros do xurado, explicando as razóns do seu comportamento e dando unha xustificación ou no seu caso unha descalificación moral do seu comportamento.

Reflexiona e resposta: Le atentamente a situación descrita a continuación e tenta xulgar correctamente. ¿Qué tipo de danos se provocan? ¿A quén ou quenes se lle poden imputar as consecuencias do suceso? ¿Qué tipo de castigo debería establecerse?

María e a súa nai atopabanse conducindo un día de choiva, de súpeto María debe frenar de golpe, xa que o coche que vai diante non advirte o cambio de sinal no semáforo. A razón pola cual Xoan (conductor do vehículo dianteiro) frenara tan abruptamente tiña a súa orixe en que nese momento estaba cruzando a rúa unha modelo famosa.

O impacto provocou que María se desplazara cara diante golpeando á cara contra a lúa dianteira. Cando veu á súa filla ensangrentada, a nai de María (que padecía unha lesión cardiaca anterior) sofre un paro cardíaco. Xoan socorre a María e á súa nai, e chama ao servicio de urxencias. O médico de garda e o conductor da ambulancia atopabanse agardando unha pizza para ver un partido de fútbol, polo que tardan en atender a chamada telefónica e non respostan de inmediato á urxencia... Chegan 3/4 de hora tarde, polo tanto algunhas das lesións da nai de María agravanse.

O médico e o conductor chegan ao hospital, internan á nai de María, e mentras tanto a María lle rouban a carteira. A nai de María permanece 15 días internada. Vale aclarar que a nai de María non ten relación de dependencia e vive do seu traballo.

Comprensión 1
Un profesor deixa que os alumnos copien nun exame saindo da aula, pero só co propósito de voltar a entrar e acusalos de copiar no exame.
Un alumno volta un libro roto á biblioteca por que o deixou tirado no patio.
Todos os alumnos dun centro suspenden o exame de selectivo pois todos cometen o mesmo erro porque o profesor explicouno mal
A un conductor fallanlle os freos do seu coche e por ese motivo atropela a unha persoa que morre no acto.
Un médico non é quen de levar a cabo unha operación por non dispor dos medios suficientes no hospital e o paciente morre
Un conductor borracho atropela a un peatón cruzando nun semáforo

Investigación: O proceso xudicial e as súas fases

1. ¿Cándo se considera que un acto é ilícito? Non todos os actos ilícitos son delito. Pensa nunha acción que a meirande parte da xente considere mala e sen embargo non sexa considerada delito ¿Cál é a razón de que non o sexa? ¿Cál é a característica esencial do delito? Pon un exemplo dun acto ilícito que sexa delito e un que non o sexa.

2. ¿En que casosda columna esquerda dirías que existe responsabilidade do suxeito que actúa nos resultados da acción? ¿De qué tipo sería esa responsabilidade? Consulta para iso a diferencia entre responsabilidade obxectiva e subxectiva e entre responsabilidade civil ou penal.


3.¿Cómo da comezo un proceso xudicial? ¿Pode haber un proceso sen acusado? ¿de qué tipo? ¿Cál é a función do fiscal nun proceso xudicial? ¿en calquera caso está presente o fiscal? ¿e a función do abogado defensor? ¿sempre ten que haber un abogado defensor? ¿pode mentir unha testemuña? ¿e o acusado? ¿pode a defensa ocultar probas? ¿e o fiscal?

¿Qué tribunal xulgarría cada un dos delitos seguintes: A vulneración dos acordos dun contrato, a queixa dun ciudadán por un imposto excesivo, un delito de roubo, un accidente de coche só con danos materiais e sen víctimas? ¿Cómo se denomina la rama del derecho a la que incumbe cada uno de esos procesos? ¿Cuáles son las diferencias entre esos casos?

Comprensión 2
-É unha lei aparatosa( a lei do xurado) no seu funcionamiento, que debe ser reservada para determinados asuntos; (..) Hai xuizos que no nos convén que se celebren de esta maneira por practicidade. Para mín non ten sentido que nos obriguen a montar un xuizo con xurado por unha pequena omisión do deber de socorro, co custo que ten, tanto económico, como material. Non creo que o feito non teña importancia, pero creo que para xulgar adecuadamente e dar satisfacción a todos os implicados no hai que facer a montaxe dun homicidio consumado.(...)

FRANCISCO MORENO (Fiscal jefe de la Audiencia Provincial)entrevista de Belén Rodríguez, en www.lanzadigital.com

A Constitución española de 1978 contempla a institución do Xurado, como o fixeran anteriormente a de 1812, 1837, 1869 e 1931, co que se comproba o que antes sinalábamos, a coincidencia da existencia do Xurado cos períodos de liberdade. E faino partindo do recoñecemen do dereito fundamental dos ciudadáns a participar nos asuntos públicos -recollido no artigo 23-, e xa expresamente, citándoo, no artigo 125, cando sinala que o ciudadán poderá participar na administración de xustiza por medio da institución do Xurado.

Fernando Rubianes. Abogado

Investigación:Xuíz ou xurado

1. Plantexade un debate entorno aos texto da columna esquerda.

2. ¿Quén pode ser elexido como xurado? ¿Cáles son as causas que se poden alegar para non exercer de xurado? ¿Cáles son as funcións dun xurado? ¿En qué tipo de xuizos se require a presencia do xurado no noso país?

Información

O proceso xudicial. Noción

Un proceso é a institución xurídica mediante a que o Estado resolve os conflitos de intereses que xurden entre individuos no seo dunha sociedade ou ben entre os individuos e o propio Estado. Esta institución esta regulada polo Dereito procesal no que se establecen as normas e garantías que deben rexir calquera litixio. Nun sentido estricto o proceso é a institución pola que se aplican os códigos legais establecidos polo estado para ordear a vida en común.

Pódense distinguir dous tipos de procesos: civis e penais e contencioso-administrativo:

Los primeros se desarrollan en relación a un litigio entre particulares, o de particular contra el estado que no afecta al bien común. Puede ser por ejemplo la reclamación de un derecho o bien la resolución de una transacción que se consideran no equitativa. Un proceso civil se inicia siempre con una petición ante los tribunales por una o ambas partes litigantes. A esta petición se le llama pretensión. Los sujetos que intervienen son tres: el que hace la reclamación (demandante), el sujeto a quien se dirige la reclamación (demandado) y el órgano jurisdiccional que decide (juez, tribunal o jurado)

Os procesos penais, en cambio, teñen unha orixe e desenrolo distintos. En xeral é o Estado o que incoa o proceso ante a comisión dun delito. Nos procesos penais o demandante é o Estado, representado pola figura do fiscal e o demandado (neste caso acusado ou reo) incurre en la responsabilidad penal de ter transgredido a lei. En ocasións, cando a comisión do delito non afecta ao ben xeral senón só a unha persoa en particular (por exemplo roubo de algún ben, lesións, etc), o proceso penal non se pode iniciar a non ser que ocorra unha demanda particular ou denuncia. Neste derradeiro caso serán tres as partes no proceso: a acusación pública (fiscal), a acusación particular (demandante) e o demandando.

Por último os procesos contencioso-administrativos inicianse pola demanda dunha persoa física ou xurídica que sinte lesionados os dereitos que debían ter sido preservados polo estado. Neste caso o demandado é o propio Estado.

O procedemento

Denominase así ao conxunto de actos encadeados entre sí que desenvolven o proceso. Están regulados polo dereito procesal e o seu exacto cumprimento garante que o proceso se leve a cabo dun xeito válido. O primeiro paso é a presentación da demanda, a continuación a contestación do demandado. Esta contestación pode ser de allanamento se está de acordo co que se lle solicita ou ben de oposición. Neste caso pode tamén demandar á parte contraria ou ben presentar argumentos en contra. A seguinte fase é a fase de proba que se van a facer valer a favor ou en contra da demanda. Por fin o xuíz, xurado ou tribunal pronunciará a sentencia.

Os tribunais:

Son os órganos encargados pola lei para aplicar os códigos legais. Nun sentido amplo son tribunais todos aqueles órganos estatales que teñen poder para facer cumprir as leis, como por exemplo a administración.

Distinguiremos entón os tribunais económico-administrativos que resolven problemas referidos aos tributos ou aos pagos que deba facer o Estado. O tribunal de contas que se encarga de revisar e controlar a xestión económica do Estado. O Tribunal da competencia que pretende controlar o mercado e a libre competencia entre empresas.

En sentido estricto falamos de tribunais cando nos referimos a aqueles órganos dependentes do poder xudicial que teñen a obriga de impartir xustiza. Existen tantos tribunais como ámbitos nos que se desenvolve esta aplicación dos códigos legais:

    1. tribunais civis que resolven os litixios que se relacionan con relaciónss familiares ou comerciales.
    2. tribunais penais que resolven os litixios que se relacionan con delitos.
    3. tribunais laborais ou sociais que resolven os litixios entre traballadores e empresarios
    4. tribunais militares para asuntos de carácter militar

Todos eles teñen en común que o seu poder dimana directamente do consello xeral do poder xudicial que é o órgano que desenvolve o poder xudicial nun Estado de Dereito, do mesmo xeito en que o poder lexislativo está representado polo parlamento e o executivo polo goberno. Deste xeito os tres poderes e especificamente o poder xudicial derivan o seu poder da lei máxima do Estado, do contrato que lle da orixe: a Constitución.

Un dos tribunais máis importantes dentro da estructura xurídica dun Estado é o Tribunal Constitucional, encargado de revisar as leis á luz da Constitución, de xeito que cando unha lei vulnera algún dos principios recollido na mesma, pode anulala de inmediato. As súas resolucións son a guía que deben seguir todos os tribunais do Estado.

 
CONSTITUCIÓN
 
PODER EXECUTIVO
PODER LEXISLATIVO
PODER XUDICIAL
PRESIDENTE
PARLAMENTO
CONSEJO XERAL DO PODER XUDICIAL
GOBERNO
CONGRESO
SENADO
TRIBUNAL SUPREMO
TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
MINISTROS
TRIBUNAIS
FISCALÍA
XULGADOS
LEIS

A elección de xuíces.

Dependendo dos países e os sistemas xudiciais, as persoas encargadas de aplicar as leis acceden a este posto por sistemas distintos. No noso país o acceso é mediante oposición, para o que é requisito imprescindible ser licenciado en Dereito. O conxunto de persoas que acceden á posición de xuíz conforma o corpo de maxistrados do Estado, que teñen estatuto de funcionarios. Isto quere dicir que só están ao servicio dos intereses do Estado e nunca de intereses particulares.

Noutros países é requisito que estas persoas leven exercendo a abogacía un número de anos para poder acceder a este corpo que, nalgún casos é por elección.

Tamén existe un corpo de xuíces que non pertencen á carreira xudicial e para o que nin sequera é necesario que sexan licenciados en dereito: son os denominados xuices de paz. O seu nomeamento dura un periodo de tempo, transcorrido o cal cesan no seu cargo. Os xuíces de paz teñen asignadas pola lei determinadas funcións como son, por exemplo, a de coñecer acerca de certos asuntos civis, funcións de Rexistro Civil ou, na orde penal, entender sobre determinados procesos de faltas.

O acto ilícito

Para saber que tribunal deberá xulgar un determinado caso débese determinar primeiro se a acción da persoa demandada é constitutiva de delito ou non. Un acto ilícito é calquera conduta humana que contradiga o ordeamento xurídico, pero non todo acto ilícito se considera delito. En razón da gravidade das consecuencias dunha acción determinada podemos distinguir entre falta e delito. Na primeira as consecuencias son de menor gravidade e pode ser causada de xeito involuntario ou casual. En cambio entendese que existe delito cando:

  • A acción é produto da vontade humana
  • O acto que se realiza está recollido nalgún código legal
  • O acto debe ser contrario á lei
  • A acción debe ter consecuencias que obriguen ou ben ao resarcemento do dano ou ben á aplicación dunha pena.

O delito supón sempre responsabilidade do individuo que comete a acción xa sea por unha acción que vulnera unha lei, un contrato ou un acordo non contractual, pero tamén pode ser que a persoa sexa responsable por omisión, é dicir por no levar a cabo unha acción á que estaba obrigada por lei. Este caso dáse cando, por exemplo, negamos auxilio a unha persoa accidentada, cando a lei nos obriga a elo. Sen embargo esta responsabilidade da persoa non sempre ten consecuencias penais. Só ten consecuencias penais cando existe culpa. A culpa correspóndese coa responsabilidade subxectiva, é dicir, aquela que depende só da persoa como suxeito do feito (por exemplo cando unha persoa comete un robo dunha maneira conscente e voluntaria). Pode haber, en cambio responsabilidade obxectiva, pero non culpa, cando a acción se comete de xeito involuntario (por exemplo un profesor é responsable do coidado dos alumnos durante o recreo, pero se xogando algún se lesiona, aínda que o profesor é responsable do feito non é culpable del. Si sería culpable, en cambio, se non tivese posto os medios para que o alumno recibira a atención sanitaria que precisa). En relación a isto tamén é necesario distinguir entre dúas clases de culpabilidade: O dolo que require que o individuo teña intención e coñecemento da ilegalidade e a neglixencia na que no hai intención pero si abandono da responsabilidade. Neste derradeiro caso non soe haber consecuencias penais, aínda que sí resarcemento dos danos.

A responsabilidade penal esixe culpa, é dicir, a capacidad do autor material dos feitos de coñecer e querer a acción. Filosoficamente require a crenza no libre albedrío (ver, primeira parte do curso, lección 1ª). Algunhas circunstancias poden limitar este feito, como a minoría de idade ou os trastornos mentais, en tales casos a imputabilidade do delito queda eliminada, e a lei entende que o demandado precisa, en realidade axuda, e non castigo.

Todas estas matizacións permiten que un sistema xudicial poida aplicar os códigos legais dunha maneira axustada a cada situación particular.

O xurado

Existen dous sistemas polos que pode levarse a cabo a aplicación dos códigos nunha sociedade. O primeiro e máis extendido no mundo é o que fai recaer esa tarefa nun conxunto de ciudadáns elexidos ao efecto, e cuxos cargos dependen directamente do Estado: Corpo de xuíces. Neste sistema os xuíces son funcionarios, especialistas en leis que ou ben formando parte de tribunais ou ben en órganos unipersoais (xulgados) dictaminan sobre o cumprimento ou incumprimento das leis e dictan sentencias.
Nos estados democráticos e tamén nalgunhas formas primitivas do estado (nas que os ciudadáns toman parte directa nas funcións do mesmo), esta función de aplicar as normas e dictar sentencias recae directamente nos ciudadáns, de xeito que son estes os que conforman directamente o tribunal. Nos sistemas democráticos esta actuación dos ciudadáns considerase un dereito, pero tamén un deber dos mesmos e recoñecese como unha das máximas expresións da democracia. Aínda así, nas sociedades en transición cara a democracia considerouse que este debe ser o derradeiro paso na aplicación dos valores democráticos porque require a formación da cidadanía en responsabilidade e coñecementos morais e legais. Por iso, en case todos os casos, un proceso xudicial con xurado, está tamén presidido por un xuíz que ten a misión de orientar e guiar ao xurado, en canto é él o que coñece en profundidade os códigos legais.

Durante o proceso de implantación da Lei do Xurado estableceuse un debate entre aqueles que ven na aplicación deste mecanismo un problema para a aplicación da xustiza e alegan, basicamente falta de preparación na cidadanía e carencia de responsabilidade política e, como consecuencia, (alegan) moral, e aqueles que opinan que só a través do exercicio das funcións que lle son propias pode o pobo formarse en responsabilidade e ser quen de sentirse parte do que non é máis que a súa propia creación: O Estado.

 

Leer máis textos>>