DEREITOS E OBRIGAS

As normas de conducta regulan e prescriben o que de feito podemos facer nunha sociedade dada, que ámbitos pertencen ao ámbito privado e cales ao público. Deste xeito coñecendo as regras dunha sociedade, coñecemos o que temo "dereito" a facer nela sen que ninguén nolo poida prohibir ou castigar.

A palabra dereito é unha palabra polisémica que usamos en varios sentidos:

  1. Para referirnos a aquelas obrigas que a sociedade ou os outros nos deben
  2. Para referirnos a aquelas cousas que podemos reclamar, pero que non debemos pedir obrigatoriamente.
  3. Para nomear o conxunto de leis dun país...

As mesmas normas que regulan os nosos dereitos, definen cales son as nosas obrigas respecto á sociedade e aos membros desta. Nesta lección estudiaremos tamén de onde xurden as obrigas e que relación gardan cos dereitos. Na primeira parte veemos como se constitúen os dereitos e as obrigas nunha sociedade e nos preguntaremos acerca de si podemos dicir que outros organismos, ademáis do ser humano teñen dereitos.

Cuestións Previas
Das imáxes anteriores ¿cal rexeitarrías como forma de vestir? ¿Por qué? ¿Cal delas se parece máis ao noso xeito de vestir? ¿Coincide a túa elección coa imaxe menos rexeitada?

de Sucesos Chantal de Spiegeler en Los Derechos Humanos. Editorial Ikusager. Vitoria 1992 v.4

Marvin Harris é antropólogo e ten publicado moitos libros que repasan e explican as normas sociais de diversas culturas, entendéndoas dende un punto de vista sistémico e organizado. As súas explicacións tentan relacionar as normas sociais co medio ambiente no que se manifestan. A súa teoría antropolóxica se denomina “materialismo cultural”

Tódalas persoas coñecen exemplos de formas de alimentación aparentemente irracionais. Aos chineses gostalles a carne de can, pero rexeitan a leite de vaca; a nos gostanos a leite, pero negámonos a comer a carne dos cans; algunhas tribos do Brfasil deleitanse coas formigas pero non gostan da carne de cervo. E así sucesivamente en todo o mundo. (...) Sempre que se discute acerca da influencia dos factores prácticos e mundanos nos estilos de vida estou seguro de que alguén dirá: ¿Pero que opina de todas esas vacas que os campesiños famentos da India se negan a comer? A imaxe dun agricultor cheo de farrapos que morre de fame xunto a unha gran vaca gorda transmite un tranquilizador sentido de misterio aos observadores occidentais. (...) é alentador saber –algo así como “sempre quedará Inglaterra”- que na India os valores espirituais son máis apreciados que a vida mesma. (...) A idea de que puidera existir unha explicación práctica do amor hindú ás vacas resulta máis desconcertante para os occidentais que para os propios hindúes. Marvin Harris. Vacas, cerdos, Guerras y Brujas

Lisón Tolosana é un antropólogo galego que nos amosa que tamén na nosa cultura as normas pueden ser extrañas para nos mesmos.

No suroeste da provincia de Ourense os fillos herdan a partes iguais de ámbolos dous pais cando estes son anciáns ou morren; este feito común vai unido a outro máis singular: os fillos e fillas están adscritos á casa natal ata idade avanzada. A razón desta prolongación débese á práctica da residencia natolocal que rexe tamén despois de contraer matrimonio: cada un dos esposos traballa e come en e para a casa dos seus pais. A esposa segue a durmir na súa casa natal e o esposo na súa, segundo a distancia que o separe da casa da muller; si ámbalas dúas casas están na mesma aldea ou en aldeas veciñas, durme él na casa dela, alo menos periodicamente.

Os recén casados con residencia natolocal non atopan os problemas iniciais económicos, propios do matrimonio, ao non fundar fogar nin establecer economía propia ou mesa separada dos seus pais. (...) As súas necesidades son satisfeitas polos seus pais respectivos, como antes da boda; os abos maternos miran polos seus netos -que os chaman pais- como se fosen os seus fillos. Máis tarde cando un dos esposos herda legalmente, e a partes iguais, dos seus pais, establecen casa e viven xuntos.C. Lisón Tolosana: Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega

  1. Escribe tres normas que teñas que seguir a cotió (unha familiar, unha moral, unha legal) ¿que as fai distintas? Pensa unha situación que non estea nunca, e para ningúen, regulada por normas (nin siquiera implícitas)
  2. ¿Cómo se produce un cambio de normas, nunha sociedade e qué factores inflúen nese cambio?
  3. Le o texto indíxena que che propomos e dí como explica a institución das normas que rexen a súa cultura
Comprensión 1
Presumiblemente cando un gato ve un rato, hai algo dentro del que lle insiste: "¡Come! ¡Come!". O gato non opta por obedecer esa voz interior: siemplemente, segue a lei do máis profundo do seu ser e vai a toda presa tralo desventurado rato ( que é de supoñer, tamén ten unha voz interior que lle insiste: "¡Corre! ¡Corre!"... Fixemos agora a nosa atención na parella da quefalamos anteriormente (unha parella de namorados sentado á luz da lua: o rapaz faille unha declaración de amor e unha proposición de matrimonio, proposición que a rapaza acepta). Cando o rapaz veu por primeira vez á rapaza que ia provocar a representación á luz da lua (ou, se non a primeira vez, pouco tempo despois), tamén se atopou escoitando unha voz interior que lle daba unha orde clara e perentoria; e a súa conducta posterior demostra que tamén para el esta voz foi irresistible. Non, esta orde non é a que seguramente está pensando o lector malicioso: esa orde que o rapaz comparte xenéticamente cos gatos, chipancés ou crocodrilos xoves, e que non nos interesa neste momento. A orde que nos interesa é a que lle di: "¡Casa! ¡Casa!". A diferencia da primeira, esta orde non naceu co rapaz, foille inculcada pola sociedade, reforzada polas innumerables presións da tradición familiar, a educación moral, a relixión e os medios publicitarios de masas. Noutras palabras, o matrimonio non é un instinto, enón unha institución. P.L. Berger. Introducción a la sociología.

Investigación: Noción de código e tipos

1.¿Qué tipo de normas regulan a acción do rapaz? ¿Cales son os medios que cita para impoñelas? ¿Que institucións da nosa sociedade levan a cabo esa inculcación das normas?¿Son normas implícitas ou explícitas? A norma da que se fala no texto refierese á legalización dunha situación amorosa. Escribe tódaslas normas que coñezas que se relacionen con esta. ¿Onde podemos atopar esas normas?

2. ¿Que diferencia atopas entre as seguintes recomendacións sobre o xeito de actuar ante o desexo de disolver un matrimonio? ¿En qué se fundamenta cada unha? ¿Que medios usaría alguén que quixera facelas cumprir? ¿Cales dellas están reguladas e avaladas por institucións?

    1. O matrimonio é indisoluble por mandato divino, polo tanto o divorcio é un pecado
    2. O divorcio só pode darse en España co mutuo consentimento dos cónxuges
    3. O divorcio consiste na ruptura dunha promesa, polo tanto é inmoral.

3. Busca distintos tipos de códigos que coñezas e que rexan as túas accións

4.¿Que diferencias e semellanzas atopas entre as regras dun xogo como o fútbol e o código de leis dun país? ¿Teñen que estar igualmente xustificadas? Explica a túa resposta

5. ¿Existe algunha norma que sexa válida para calqueira cultura?. ¿De qué tipo sería? ¿Qué institución sería a encargada de defendela?

Tamén hai casos intermedios, como os dos códigos morais, as tradicións sociais, as modas, as normas de etiqueta e as boas maneiras, etc. Estes códigos non son forzosos, non son impostos por un aparato represivo organizado. Pero tampouco son completamente voluntarios, pois quen non xoga a eles acaba sometido á marxinación e a reprobación do resto da súa comunidade. Un bo costume tradicional require que un se deba lavar con certa frecuencia ou que deba respostar aos saudos que os demáis lle dirixen. Se non me lavo nunca e vou ulindo por ahí e si ademáis non resposto a ningún saúdo, a policía non me deterá, nin xuíz me condeará, pero vai ser difícil que atope traballo ou compaña e a xente maime criticar e facer o baleiro ó meu redor. A ameaza latente deste rexeitamento e marxinación social exerce, evidentemente, unha considerable presión normativa. Jesus Mosterín. Racionalidad y acción humana

Comprensión 2

Da unha valoración do seguinte argumento:

  • -¿Vostede non envenenou á súa muller?
  • -Non, non coloquei o veneno na súa taza, pero recoñezo que sabía que había veneno cando ela se levou a taza aos beizos.
  • -Pero, entón ¿por qué non o evitou, ou polo menos, por qué non llo dixo?
  • -Porque no só teño dereito a falar libremente, senón tamén a gardar silencio cando así o decida. Recoñezo que non teño dereito a poñer veneno na súa taza, pero o dereito á libre expresión inclúe tamén o dereito a permanecer calado.

 

 

 

 

DEBATE

-Segundo as definicións¿os animais poderían ser suxeito de dereitos? ¿Por qué si ou por qué non?

-¿Alguén podería ser obxecto de dereito pero non suxeito? Pon exemplos

-Se cambiasemos a definición de dereito podería cambiar a resposta ás preguntas anteriores ¿en qué sentido?

Si crees que os animales teñen dereitos le aquí:

Si crees que os animais non teñen dereitos, le aqui:

Fai un resumo dos resultados do debate.

Investigación: Dereitos e obrigas.

1.¿Afirmarías que unha persoa vulnerou os dereitos de outra ( e, en caso afirmativo, cales serían eses dereitos) se:

  1. Excede o límite de velocidade permitido
  2. Envenena canss vagabundos
  3. Cría coellos no seu xardín.
  4. Levanta unha valla moi elevada impedindo as vistas ó veciño
  5. Envía cartas anónimas a outras persoas insultando a coñecidos comúns
  6. Da de mamar ao seu fillo nunha reunión social
  7. Vende un medicamento a metade de precio
  8. Mira lascivamente ás mulleres que pasan pola rúa
  9. Se masturba
  10. Serve cerveza a un invitado pobre e cava a un rico

2.Consulta a definición do termo dereito e di cál dos sentidos tes usado na túa resposta ¿Poderían utilizarse outros?¿Crees que tes dereito a?:

  1. Abrir a correspondencia do teu irmán pequeno
  2. Abrir a correspondencia do teu fillo pequeno
  3. Ensinar a outra persoa a carta dun amigo común
  4. Comentar con outros as actividades do teu mellor amigo (son verdade, por suposto)

Investigación: Suxeito e obxecto de dereito

1. ¿Teñen dereitos os animais? da un valor ás situacións seguintes:

  1. Cazar animais por deporte
  2. Matar gando nos matadoiros
  3. Afogar gatiños recén nados porque ninguén os quere
  4. Matar serpes venenosas
  5. Matar animais domésticos enfermos ou vellos sin causarlles dor
  6. A experimentación con animais en laboratorios médicos

2.¿Teñen os mesmos dereitos animais e homes.

3. Se eu non intervín na elaboración dunha norma ¿protexeme e obrigame digual xeito? ¿Por qué?

Información

A vida en comunidade exise a aplicación de normas que regulen a interacción entre os individuos, polo menos no ámbito público, é dicir, naquelas cuestións en que se poda manifestar un conflito de intereses. Os códigos son un conxunto sistemático e ordeado (sen contradiccións internas) que se propón regular a convivencia. Os seres humanos usamos códigos para actividades tan diversas como xogar á pelota, organizar un debate parlamentario, regular a nosa conducta moral ou mesmo falar cos demáis.

Algúns deses códigos son esenciais na vida comunitaria porque regulan a posibilidade da mesma, sen eles non existiría orde social, nin saberíamos nunca que esperar dos demáis. A relixión, a moral e o dereito, propoñenos códigos de comporamento con respecto aos demáis. Mentras códigos, como o reglamento do fútbol, son necesarios só en circunstancias especiais, os códigos anteriormente citados pretenden regular tódolos ámbitos da nosa vida, dicirnos como debemos actuar en calqueira situación, e poderían aplicarse tamén ao ámbito do xogo.

Algúns códigos presentase cunha validez universal, é dicir, como válidos para tódolos seres humanos en calqueira lugar. O fundamento deste códigos, que chamaremos universais, debe basearse nalgunha característica que tódolos seres humanos compartamos independentemente da nosa extracción social, nacionalidade, raza, sexo... Entre este tipo de fundamentos podemos distinguir dous fundamentalmente: os que tratan de fundar a regra nun ser sobrenatural do que tódolos humanos dependeríamos: os códigos relixiosos. En segundo lugar, aqueles códigos que tata de fundar a regra na natureza humana: emotiva, racional, etc..: os códigos morais.

Outro tipo de códigos que regulan a conducta dos individuos presentase como válidos só para a sociedade na que foron creados: son os códigos legais. Neles describense as condutas correctas nesa sociedade, que poden non ter validez noutra. O fundamento dese códigos pode estar na forza dos individuos que o impoñen ou no consenso social. En calqueira caso, se queren presentarse como códigos lexítimos ante posibles críticas teñen que tentar buscar un fundamento máis radical que o puro consenso.

Os códigos podénse presentar coma un conxunto de regras positivas que definen aquilo que está permitido facer, ou ben como un conxunto de regras negativas ou prohibicións. En xeral todo código conleva as dúas facetas, a do recoñecemento de dereitos e a descrición das obrigas.

Definición de dereito

Chámamos dereito a aquelas condutas que o individuo pode realizar, pero non está obrigado a facelo. Neste sentido xeral podería pensarse que o individuo que máis dereitos tería sería aquel que non vive en comunidade e, polo tanto, non ten ningunha obriga. Para este individuo nada estaría prohibido. É certo que esta persoa antes de entrar en sociedade non tiña ningunha obriga, pero tamén é certo que non tiña ningún dereito. Era libre, eso si, pero non tiña dereito a que lle recoñeceran esa liberdade, tiña que facela valer pola forza. En realidade cando falamos de dereitos, falamos sempre no contexto dunha sociedade. Son os outros os que teñen que recoñecer que temos dereito ( á vida, á expresión... etc).

A palabra "dereito" opónse ao que existe de feito. Entendemos polo primeiro o que debe ser dunha maneira determinada, en virtude a certas normas. Mentras que algo é "de feito" cando simplemente é así, prescindindo de que sexa ou non o mellor. Por exemplo unha persoa non pode dicir que ten dereito a non ter unha enfermedade, aínda que sería mellor para ela non tela. É un feito que a ten e non pode cambiarse ese feito por que depende da natureza. En cambio, esa persoa pode dicir que ten dereito a ser atendida por un medico que tente curarlle a súa enfermedade. Ten o dereito ao coidado da súa saúde, porque vivimos nunha sociedade que pode subministrarnos ou non esa asuda, e porque existe unha norma que prescribe que podemos exisirlla. Neste sentido o que é "por dereito" opónse ao que é "por natureza".

Por outra parte a palabra "dereito" opónse sempre a deber. Un dereito é sempre o reverso dunha obriga. Por cada dereito que eu exerzo, alguén vese obrigado a restrinxir a súa liberdade. Por exemplo, se decido exercer a miña liberdade de expresión e falar en público, os meus ointes están obrigados a escoitarme se permanecen no mesmo recinto.

Suxeitos e obxectos de dereito.

Os dereitos sempre son prerrogativas dos individuos, polo tanto podemos dicir que calquera persoa é obxecto de dereito, pois é sobre ela sobre a que o dereito lexisla. E dicir, a norma refirese a ela. O termo "obxecto de dereito" ten unha connotación pasiva.

Se consideramos que os dereitos son unha construcción dos seres humanos, entón a persoa non é xa meramente pasiva respecto aos dereitos, senón activa, posto que participa na súa creación. Neste sentido dicimos que os seres humanos son "suxeitos de dereito".

Os códigos humanos, entre eles o dereito, lexislan para os seres humanos e sobre os seres humanos, pero, en ocasións, tamén o fai sobre outros seres naturais como os animais. Así, por exemplo, o dereito pode prohibir o maltrato de animais. Deste xeito os animais convirtense en obxectos de dereito.

Algunhas teorías éticas consideran que non deberíamos considerar aos animais meros obxectos de dereito, por que esta situación fai que os dereitos dos animais se consideren convencionais e susceptibles de ser cambiados segundo as necesidades ou as preferencias da sociedade. Para estas teorías, os animais deben ser considerados suxeitos de dereitos. Evidentemente os animais non poden participar activamente na construcción das normas e por iso segundo a definición anterior do termo non poderían ser considerados suxeitos de dereito. E por iso que estas teorías defenden que determinados dereitos (tanto de animais como de humanos) non se fundamentan no acordo social entre individuos, senón na propia natureza.

Leer máis textos>>