A INSUFICIENCIA DA NATUREZA

Se o obxecto da materia Ética e Filosofía do Dereito é reflexionar sobre a orixe das normas, o seu fundamento e lexitimidade, deberemos comezar esta reflexión por poñer en claro si esas normas son necesarias. O ser humano necesita normas que regulen a súa conduta, só se as pautas que lle proporciona a súa propia natureza non foses suficientes para regular a súa vida individual e social. Esta lección tratará de aclarar as seguintes cuestións: a) As diferencias entre as condutas animais e humanas. e b) Se a conduta humana está determinada totalmente ou se pode exercer unha conduta libre.

Se a resposta á última cuestión fose negativa, as normas carecerían de sentido e toda valoración moral sobre elas tamén.

Cuestións Previas
¿Podes pensar en tres casos nos que a “natureza” che obligue necesariamente a tomar unha línea de acción? ¿Faino do mesmo xeito que no mundo das abellas? Razoa a resposta
Para saber máis das abellas píncha na foto
Na película O Oso de Jean Jacques Annaud, se describen as aventuras e correrías dun xove oso que queda orfo, de forma que se podería pensar que é un ser humano. Resposta as cuestións que se propoñen na ficha da película
Le o artigo que che proproñemos ¿Cres que afirma que o nos comportamento sexual está determinado xenéticamente ou non?. ¿Que consecuencia xeral poderías extraer para a cuestión da libertade do ser humano?
Comprensión 1
A razón de que o home sea un ser social, máis que calqueira abella e que calqueira outro animal gregario, é clara. A natureza, pois, como dicimos, non fai nada en van. Só o home, entre os animais, posue a palabra. A voz é unha indicación da dor e do pracer; por iso teñena tamién outros animais. (...) En cambio, a palabra existe para manifestar o convinte e o dañino, así coma o xusto e o inxusto. E isto é o propio dos humanos fronte aos demáis animais; posuir, de xeito exclusivo, o sentido do bo e o malo, o xusto e o inxusto, e as demáis apreciacións. A participación comunitaria nistas funda a casa comunitaria e a cidade. Aristóteles Política. Alianza Editorial. Madrid, 1986

 

 

 

 

 

 

A evolución biolóxica depende dos cambios progresivos na dotación hereditaria que os xenes e as células sexuais van transmitindo de pais a fillos... O ser humano é o único que desenvolveu un sistema adicional verdadeiramente eficaz para transmitir a información. Expresando ideas con palabras e ensinando aos nenos os seus coñecementos e habilidades, os pais de cada xeración modifican dalgunha maneira as características dos seus sucesores (...) Pódese dicir que a especie humana inventou un novo método de evolución. C.H. Waddington: Biology for the modern world, epílogo

Investigación: ¿Natureza ou cultura?

1.¿Que é un comportamento programado? ¿Que é unha impronta? Pon un exemplo na conduta animal e un na humana

2. ¿Cales son os riscos que permiten decidir si unha conduta é intencional? ¿ posuen estes riscos os animais?

3. Existe o altruismo nos animais?

4.¿Como se comunican os animais? ¿Que diferencia a súa linguaxe da linguaxe humana? ¿Correspondense os teu resultados co texto de Aristóteles?

5.¿Como teñen influído as teorías de Darwin na visión da natureza humana? A visión da natureza que se desprende das teorías darwinistas ¿é positiva ou negativa? Razoa a resposta

6.Cos datos que posúes trala investigación e la lectura dos textos, elabora unha redacción na que expreses a túa opinión respecto aos seguintes temas (repasa tamén os contidos que estarás vendo na materia de Filosofía durante este curso): O equilibrio natural e a situación do ser humano na natureza. A selección natural e a súa relación coa conduta humana.A situación de superioridade do ser humano con respecto aos animais.

 

Comprensión 2

No film Trainspointting narranse as aventuras de catro amigos heroinómanos. Todos teñen actitudes distintas cara as drogas.


 

No film A Laranxa Mecánica de Kubrick, o protagonista un delincuente habitual sometese voluntariamente a un tratamento de condicionamiento que lle impedirá no futuro realizar actos violentos.

Imaxes en Jubilo.com

 

Le o texto de Ayer e compárao coa viñeta de Forges ¿Cál tene razón? En casalibertad.org encontrarás algún artígo sobrea liberdade e unha entrevista co filosofo Savater que che aclarará conceptos.

Investigación:¿Liberdade / determinismo?

1. Dúas persoas teñen en igual medida o hábito de drogarse. Ás dúas resultalles igualmente difícil acabar co hábito. Pero unha consegueo e a outra non. ¿Por qué? ¿Podería alegar a que non o consegue que está determinado pola natureza a ser un drogadicto?

2. ¿Somos libres e, polo tanto, responsables? ¿Si as nosas accións viñeran totalmente determinadas, os códigos morais ou legais carecerían de sentido? Resume as posturas plantexadas na discusión, aporta a túa opinión respecto a cada unha delas e envíaas ao foro de debate

3.¿En qué medida se ve afectada a liberdade dunha persoa nos seguintes exemplos?: a)Tomar voluntariamente un soro que me impida mentir. b)Un enemigo me tortura ata facerme revelar secretos de estad. c)Acepto convertirme en esclavo doutro.d)Acepto fumar sen saber as consecuencias que poede ter para a miña saude.

Para respostar investiga en qué consiste o fatalismo e cita alguén que o teña defendido. Investiga tamén sobre xenética e determinismo

4. Se a conducta humana está condicionada e determinada ¿poderíamos modificar as formas de actuar dos individuos mediante métodos sicolóxicos?¿Como se denomina a teoría sicolóxica que propón precisamente que podemos facer isto?¿Que críticas se lle poden facer a esta teoría?

Existe unha comunidade que se rexe polos principios desta teoría ¿Como a defenden?

Información

A posibilidade de establecer códigos que regulen e sancionen as conductas require que o individuo sexa responsable dos seus actos. Se supoñemos, como fan algúns fatalistas, que nada pode cambiar a decisión que un individuo toma en calqueira momento, non poderiamos requerirlle ningunha compensación, nin imporlle ningún castigo, posto que "non podia facer outra cousa"

As nosas accións veñen sempre causadas. O propio problema que causa a necesidade de decidir, determina o abano de posibles solucións que adoptemos e o suxeito non pode cambiar iso. Ademáis, algunhas accións son produto da coacción sobre a vontade do individuo (por exemplo se alguén me tortura, podo dicir que a miña acción non é libre). Estas coaccións poden ser externas, cando coarta a miña decisión un elemento externo a min (por exemplo outra persoa, o a miña ignorancia sobre tódolos feitos a ter en conta na decisión). Pero tamén poden ser internas, cando a coacción ven imposta por min mesmo, o suxeito que decide (por exemplo, o medo a decidir pode obrigarme a someterme á vontade doutro, ou a tomar un soro da verdade)

O fatalismo afirma que tanto as coaccións externas como as internas son independentes da miña vontade e que, polo tanto, estou condicionado por elas, de tal xeito que non podo deixar de facer o que fago e a miña liberdade de decidir non é máis que un espellismo.

Fronte ao fatalismo, pódese afirmar que ser libre non é actuar sen ningunha causa, senón decidir que causas teñen máis peso á hora de levar a cabo un acto. O individuo é libre de non deixar que a coacción externa o domine (por exemplo, pode elexir morrer antes de claudicar ante o torturador). Para o existencialismo a característica predominante no home é que é libre de elexir, mesmo cando elixe renunciar á súa capacidade de elección. O existencialismo acepta o determinismo, porque as nosas accións non xorden do vacío, senón dun conxunto de feitos, motivacións, razóns e mesmo da intervención e opinión doutros. Pero non acepta o fatalismo, porque, por moi limitadas que sexan as opcións que nos proporciona o contexto no que xorde o problema, o individuo ten que decidir sempre.

O ser humano é un ser libre: Fronte ao determinismo que impera na natureza, o ser humano non nace con pautas de conducta innatas.Fronte ao gregarismo animal, o ser humano é esencialmente social. A súa natureza desenvolvese en comunidade a través da linguaxe e as conductas cooperativas.

Pero, a liberdade humana (entendida como facultade de exercer a súa vontade) non é absoluta. Hai situacións que escapan ao control do individuo como, por exemplo, outros feitos anteriores á súa intervención que non pode modificar.Cando falamos de liberdade negativa estamos a falar da situación da persoa cuia conducta non se atopa con ningunha oposición obxectiva, porque ninguén ten dereito a intervir nela. Esta liberdade só é posible naqueles ámbitos nos que unicamento o individuo está involucrado. Este é o ámbito privado.

Pero, na maior parte dos casos a nosa liberdade está limitada polo feito de vivir en comunidade e isto implica que necesariamente deberemos contar co dereito á liberdade dos demáis. As liberdades que nos recoñece a comunidade chamámoslle liberdade positiva.

Leer máis textos>>