|
“ O obreiro empobrecese tanto
máis canta máis riqueza produce, canto máis
aumenta a súa producción en extensión
e en poder. O obreiro convirtese nunha mercancía
tanto máis barata canta máis mercancía
crea. A medida que se valoriza o mundo das cousas desvalorizase,
en razón directa, o mundo dos homes. O traballo
non produce só mercancías; prodúcese
tamén a sí mesmo e produce ao obreiro como
unha mercancía e, ademáis na mesma proporción
en que produce mercancía en xeral.” Karl
Marx: Manuscritos de Economía
y Filosofía
|
|
|
Investigación:
A noción de dereitos humanos
¿Cómo se definen os dereitos
humanos? ¿Qué son e cáles son as súas
principais características?
¿Cál é o obxecto dos dereitos humanos?
¿A quén queren protexer?
A carta dos dereitos humanos pode entenderse como un novo contrato
social. Infórmate e explica ¿quénes serían
os suxeitos dese contrato? ¿por qué é necesario
un contrato dese tipo? ¿Cáles serían as
principais cláusulas do contrato?
Fai un resumo dos principais artigos consultando a declaración
de dereitos humanos e dí que artigo vulneraría
cada unha das situación reflectidas nas fotografías
da columna esquerda
Resume brevemente a historia dos dereitos humanos e explica
cántas xeraciones se poden distinguir e en qué
consisten
¿Qué relación se pode establecer
entre o desenvolvemento humano e o respecto polos dereitos humanos?¿En
qué lugar está España segundo o seu índice
de desenvolvemento humano? ¿Qué parámetros
se teñen en conta para elaborar ese índice?
¿Pertencen ás mesmas zonas xeográficas
os países que aparecen xuntos baixo a mesma clasificación?
¿Por qué? Para respostar consulta os mapas pinchando
sobre eles
Relaciona o índice de desenvolvemento humano dos países
co índice de pobreza no mundo. ¿Existe interdependencia
entre ambos? ¿en qué consiste? se non tes acceso
a Internet consulta aquí o índice de pobreza nos
países industrializados e aquí o índice
de pobreza dos países en denvolvemento. Tenta amosar
a relación que existe entre grao de desenvolvemento e
diferencia entre xéneros. E respecto ao tratamento da
infancia ¿existe a mesma relación?
Explica en qué sentido, segundo o texto, a nosa sociedade
estaría libre realmente da trasgresión dos dereitos
humanos
¿Crees que os resultados da comparación que estableciche
na pregunta anterior se relaciona co texto?
¿En qué sentido poden axudar o Dereito e a estabilidade
dos sistemas xurídicos ao desenvolvemento económico?
¿Qué relación garda esta estabilidade coa
protección dos dereitos humanos? Pon un exemplo. Para
axudarche nesta labor consulta os mapas
Despois de toda esta investigación ¿Cal cres
que sería o principal significado da Declaración
de dereitos humanos e as razóns fundamentais para promovelos?
|
Noción
de dereitos humanos
Cando definimos a palabra dereito, fixemos
unha distinción entre dereito obxectivo (conxunto de
leis para regular as accións sociais) e o dereito en
sentido subxectivo (conxunto de calidades, capacidades ou actividades
que podemos e debemos exisir da sociedade). Os dereitos humanos
resumen o conxunto de exisencias básicas que pode e debe
reclamar calquera persoa polo feito de pertencer á raza
humana. Nalgúns casos, como xa vimos, estas exisencias
foron incorporadas polos estados ás súas constitucións,
en cambio noutros son vulnerados constantemente. Pero, estean
ou non recoñecidos pola lei obxectiva, trascenden o poder
do Estado para negalos ou afirmalos; pódese dicir que
son unha propiedade inalienable do ser humano.
Os dereitos humanos poden entenderse en varios
sentidos, sen que estas distinción afecten aos seus contidos:
Podemos entendelos como dereitos
fundamentais dos cidadáns. Neste caso, eses dereitos
son os recollidos na acta do Contrato Social ou Constitución
e constituirán a garantía de que o Poder soberán
(en calquera das súas manifestacións) non abusa
do seu poder. Cando asimilamos os dereitos humanos cos dereitos
fundamentais, relativizamolos á fundación da sociedade,
aínda cando se presupoña que deban exisgtir en
calqueira sociedade lexitimamente constituída. Neste
caso o valor deses dereitos queda supeditado ao poder que os
fai cumplir e, en rigor, non se podería falar de dereitos
anteriores ao propio estado. Esta é a posición
que defende o positivismo
xurídico. Sen embargo, que os dereitos
humanos se entendan como dereitos fundamentais é verdadeiramente
importante, pois á única garantía do seu
cumprimento está no seu recoñecemento polo Estado
que ten o poder de facelos cumprir.
Noutro sentido, podemos
entender que os dereitos humanos proveñen da propia natureza
humana e son previos a calquera forma de organización
social. Neste caso, os dereitos humanos entendense como dereitos
naturais. Se entendemos que estes dereitos son naturais,
faise necesario investigar cal é a súa orixe e
como se fundamentan. Nalgúns casos, esta orixe pretende
buscarse na vontade de Deus, pois crese que o ser humano
lle debe a Deus a súa existencia e o seu modo de ser.
Noutros casos, alleos a unha configuración relixiosa
do mundo, buscase un tipo de fundamentacion diferente, baseado
na racionalidade humana, a súa igualdade ou nalgunha
outra característica presente en todos os seres humanos.
Tamén pode entenderse
que os dereitos humanos son o froito dun novo contrato social
que pretende ser universal e vinculante para todas as sociedades
do Planeta. Este contrato social conleva a creación de
institucións para a súa salvagarda e defensa,
como a ONU, que imporían o seu poder a calquera estado-nación.
Se entendemos así os dereitos humanos debemos matizar
que este proceso está en construcción (posto que
non todos os estados respectan estas normas) e que o poder das
súas institucións en aínda limitado e só
vinculante politicamene para as sociedade firmante. Aínda
que a súa proxección de futuro é converterse
en universal e obrigatorio.
Características
dos dereitos humanos
En definitiva os dereitos
humanos, sexa cal sexa o xeito de entendelos, presentanse sempre
como aqueles dereitos que posúe toda persoa polo feito
de pertencer á raza humana. Neste sentido podemos dicir
que as súas principais características son:
- Son inalienables:
non poden ser cancelados nin outorgados por ningunha institución,
pois son previos a elas. Pódese afirmar que existen
aínda que non sexan recoñecidos.
- Son universais:
posto que son válidos para calquera persoa, independentemente
do lugar no que resida, posición social, relixión,
raza, sexo e tamén do tempo no que se desenvolva
a súa existencia.
- Son ideais: propóñense
como orientación para a formulación dos distintos
códigos legais nas distintas sociedades de xeito
que quedan recollidos no dereito positivo.
Historia e desenvolvemento dos
dereitos humanos
Pode dicirse que a historia dos dereitos
humanos comeza, en rigor, coa Declaración dos
Dereitos do Home e o Cidadán de 1789, durante
a Revolución Frances, se ben é certo que en épocas
anteriores a reflexión sobre a súa necesidade
sempre estivo presente, nunca tiveron a importancia que se lles
concedeu na Ilustración. Durante a Idade Media, por exemplo,
o teólogo Tomás
de Aquino, introduciu as definicións
e diferencias entre
Dereito natural e Dereito
positivo, pero a importancia que tiñan para este
autor proviña da necesidade de mostrar a superioridade
da lei relixiosa sobre a estatal e non dunha defensa dos dereitos
das persoas fronte ao Estado.
No desenvolvemento dos dereitos humanos
despois da Ilustración podemos distinguir varias etapas
que foron sucesivamente dando lugar ao recoñecemento
de novos conxuntos de dereitos. Fálase de tres xeracións
de Dereitos humanos:
Dereitos de 1ª xeración:
foron recollidos na Acta da Convención Europea de 1950.
Refirense fundamentalmente a dereitos relativos á persoa
física (dereito á vida, á liberdade, á
seguridade, á familia...). Estes dereitos correspóndense
cos principios defendidos polo liberalismo, desde J. Locke.
Dereitos de 2ª xeración:
Conformaronse durante o século XIX e principios do XX,
como resultado dos diferentes pactos entre estados. Refirense
fundamentalmente a dereitos de carácter social e recoñecen
o dereito do individuo a recibir algo da sociedade (seguridade
social, educación, protección no traballo...).
O recoñecemento destes dereitos corre palalelo ao proceso
de construcción do estado benefactor e exise unha intervención
maior do mesmo na vida dos cidadáns. Deste xeito, en
ocasións, esta intervención entra en conflito
cos dereitos de 1ª xeración que exisían precisamente
que o Estado limitase esta intervención para permitir
o máximo de liberdade individual.
Dereitos de 3ª xeración:
Son producto do proceso desconolizador iniciado tras
as guerras mundiais e a perda de poder económico das
potencias coloniais. Esta descolonización xerou un sentimento
nacionalista que levou aos pobos a reclamar o desenvolvemento
material e técnico, pero tamén o respecto das
súas tradicións e costumes. Entre 1948 e 1973
millóns de persoas acceden á independencia e a
composicións das Nacións Unidas vese alterada.
Como resultado deste proceso os dereitos de 3ª xeración
recollen o respecto ás minorías, o anti-etnocentrismo,
a protección das colectividades e da súa cultura
específica. Estes dereitos presentan como principal novidade
o recoñecemento dos pobos, colectividades e grupos sociais
como persoas xurídicas, con dereitos e deberes.
Fundamentación dos dereitos
humanos
Como se fixo patente, na narración do
desenvolvemento histórico dos dereitos humanos, podemos
percibir que na súa implantación están
involucrados tres niveis do coñecemento e a convivencia
humanas: a moral, o dereito e a política. A moralidade
debe fundamentar e propoñer as condición de liberdade,
igualdade e dignidade que exise a implantación dos dereitos
humanos de forma universal.O dereito debe ser capaz de concretalos
en distintas lexislacións, exisindo por medio da coerción,
que se cumpran (tanto a nivel nacional como internacional).
A política debe aplicar esa carta de dereitos poñendo
as bases para que poida, de feito, levarse á práctica.
Ao estar involucradas estas tres actividades humanas, faise
necesario que a fundamentación teórica da validez
e obrigatoriedade deses dereitos se leve a cabo desde tres frontes:
unha fundamentación ética, unha fundamentación
xurídica e unha fundamentación política.
A. Fundamentacións ética
A fundamentación ética tenta
fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que
os xera, é dicir, á súa orixe. Este tipo
de fundamentación basease na posición iusnaturalista
e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes
e válidos porque teñen a súa orixe nunha
orde anterior á formación da comunidade humana.
Podemos distinguir alo menos tres tipos de fundamentación
ética, dependendo de onde sitúen a orixe desa
orde natural previa á implantación da lei positiva.
- Fundamentación teolóxica:
que afirma que esa orde natural procede de Deus, que é
o creador do home e a lei que define á súa
natureza. Este tipo de fundamentación presente xa
en Grecia e Roma, acada o seu apoxeo na Idade Media na figura
de Tomás de Aquino. Tomás de Aquino afirma
que o ser humano coñece parte da orde natural a través
da Revelación e da súa propia razón,
e este coñecemento permítelle establecer os
preceptos básicos que deben rexer a súa vida,
por riba de calquera lei positiva. Como esta orde ten como
fundamento a lei divina sempre coincidirán, aínda
que sempre será superior a lei divina. A fundamentación
teolóxica dos dereitos humanos presenta o grave inconvinte
de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas,
que fundamentalmente non son asunto de razón, senón
de fe. Desta forma podemos afirmar que, persoas non crentes
e estados non confesionais non terían que respectar
os dereitos humanos e, a súa implantación
non podería chegar a ser nunca universal. Por outra
parte só algunhas relixións, como o cristianismo,
parten do ideal de igualdade dos seres humanos, imprescindible
para unha universalización dos dereitos humanos.
- Fundamentación laica ou racional:
afirma que a validez dos dereitos humanos radica na igualdade
universal de todos os sers humanos, alo menos nalgúns
aspectos fundamentais. Os seres humanos, polo feito de selo,
compartimos a mesma natureza e a mesma capacidade racional.
Os dereitos humanos serían a expresión desa
natureza e, polo tanto, universalmente válidos e
superiores a calquera lei positiva que os Estados poidan
firmar. Os principais representantes deste tipo de fundamentación
foron J. Locke, Rousseau e, por suposto, I. Kant. Este tipo
de fundamentación orixinouse a partir da Ilustración
e continúa moi presente nos nosos días, pero
sempre tivo detractores que afirman que o presuposto da
igualdade e racionalidade do xénero humano do que
parte non existe, nin pode existir de feito. Sen embargo,
afortunadamente é o punto de vista aceptado en todos
os estados democráticos de dereito.
B. Fundamentación xurídico-positiva
En contraposición ás teorías
iusnaturalistas, que consideran os Dereitos Humanos previos
ao contrato social e tratan de fundamentalos atendendo a valores
relixiosos, morais ou históricos, as teorías do
positivismo xurídico afirman que non existen dereitos
previos á formación da sociedade, pois é
a sociedade a que proporciona e garante os dereitos (que no
estado de natureza non existen). O positivismo xurídico
afirma que os chamados dereitos humanos son, en realidade, dereitos
fundamentais recollidos no momento do pacto social e resultado
do acordo entre os individuos. Un representante importante deste
tipo de fundamentación é o xurista Kelsen.
C. Fundamentación política
Desde a práctica da política
faise necesario tamén dar razón da validez e funcionalidade
dos Dereitos Humanos. A este respecto atopamos dúas grandes
teorías:
As teorías do
consenso: fundamentan os dereitos humanos no consenso
social, ben produto dun pacto orixinario ( o principal respresentante
desta tendencia é J. Rawls), ben como producto dun diálogo
permanente e universal que producirá sucesivos acordos
que irán perfeccionándose (o principal respresentante
desta tendencia é J. Habermas). As teorías do
consenso tentan presentar os dereitos humanos como un acordo
democrático fundado na racionalidade do ser humano e,
en moitos casos, usan fundamentación éticas para
dar razón dese acordo.
As teorías do
disenso: tentan fundamentar os Dereitos Humanos facendo
deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade
dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente. Este
tipo de fundamentación está en consonancia co
proceso histórico que deu orixe á Declaración
(pragado de loitas, manifestacións contra distintas ordes
sociais establecidas por costume ou tamén por acordo).
O seu principal representante é N. Bobbio.
Leer
máis textos>>
|