ÉTICA E DEREITO

A vida humana é tan complexa e carente de normas biolóxicas estricta para regular o comportamento dos individuos que se fai necesario dirixir as súas actividades a través de códigos, que deberán ser distintos para cada ámbito da vida individual ou social.

Dentre os códigos que regulan a nosa conducta, dous son os máis importantes porque tentan regular as nosas relacións cos demáis en calquera circunstancia e contexto. Estes códigos son a Moral e o Dereito. Esta lección adicaráse a distinguilos e a mostrar a necesidade de ambos e a súa complementariedade.

Cuestións Previas
1. Califica como censurables ou non cada unha das seguintes situacións, explicando o porqué:
  • Unha persoa responsable, tranquila e normalmente respetuosa coas leis, se salta un semáforo en vermello por despiste, sen producir ningún dano
  • Unha persoa nerviosa, irresponsable e que non sente respecto polas leis de tráfico, se salta un semáforo en vermello sen producir ningún dano.

 

2 ¿Cres, como di el artigo, que todo o que non está tipificado na lei queda sen castigo?. Busca un exemplo no que realmente a conducta, aínda que non poida ser castigada pola lei, sen embargo sufra un castigo ¿De qué tipo sería?

 

Comprensión 1
Son precisamente as debilidades dunha racionalidade imperfecta (a racionalidade moral) as que dende puntos de vista funcionais explican porque determinadas materias teñen necesidade dunha regulación xurídica e non poden deixarse a regras morais de corte postradicional. Sexa cal sexa o procedmiento conforme aol que temos que xulgar se unha norma podería atopar un asentemiento non coercitivo, é dicir, motivado racionalmente, de tódolos posibles afectados, tal procedemiento non garante nin a infalibilidade, nin a univocidade, nin a obtención do resultado no prazo desexado. (...)

Por iso, en todos aqueles ámbitos de acción nos que conflictos, problemas funcionalmente importantes e materias de relevancia social exixen tanto unha regulación unívoca como a prazo fixo, e que, ademáis, resulte vinculante para todos, son as normas xurídicas as encargadas de resolver as inseguridades que se presentarían se todos eses problemas se deixasen á regulación puramente moral do comportamento. A complementación da moral por un dereit coercitivo pódese xustificar, pois, moralmente. J. Habermas: Escritos sobre moralidad y eticidad

 

 

Si tes dificultades para plantexar o problema consulta aquí

>>

para valorar o nivel de razoamento pincha aqui

Dilema

En Europa vive unha muller que padece un tipo especial de cancro e vai morrer pronto. Existe un medicamento que os médicos pensan que a pode salvar. Unha forma de radio que un farmacéutico da mesma cidade acaba de descubrir. A droga é cara, pero o farmacéutico está cobrando dez veces o que lle costou facela. El pagou 200 dólares polo radio e está cobrando 2000 por unha pequena dose do medicamento. O esposo da muller enferma, Heinz, acude a todo o mundo que coñece para pedir prestados os cartos, pero só pode reunir uns 1000 que é a metade do que costa. Dille ao farmacéutico que a súa esposa está morrendo e pidelle que lle venda o medicamento máis barato ou lle deixe pagar máis tarde. O farmacéutico dille: “No, decido eu o que vale”. Heinz está desesperado e pensa en atracar o establecimiento para robar a medicina para a súa muller.

¿Debe Heinz roubar la medicina? ¿Por qué si ou por qué non? Se a relación entre Heinz e a súa muller variara, ¿debería roubar igualmente? ¿Está en contra da lei que Heinz roube. ¿É malo moralmente? ¿Por qué? ¿Por qué se debe respectar la lei? ¿Qué ocurriría se a acción de Heinz se conveirtira nun hábito de todo o mundo?

Investigación: Ámbitos de aplicación e definicións

1. Problema:

Xurxo, Marta, Pedro e Sofía atopánse un pastel. Deciden dividilo en partes iguais e empregan o seguinte procedemiento: Xurxo corta o que considera unha cuarta parte do pastel. Se Marta pensa que é máis de unha cuarta parte, corta unha rebanda para que sea xusto un cuarto. Pedro entón, deixa o trozo como está ou recorta un poco máis, se cre que todavía é maior que un cuarto. Finalmente, Sofía ten a mesma opción: cortar o trozo se é maior que un cuarto o deixalo se non. A última persoa que toca o trozo de pastel, debe comelo. Unha vez que terminan co primiero, quedan tres persoas que teñen que dividir equitativamente o que queda. Seguen o mesmo procedemento sucesivamente.

¿Quedan deste xeito todos satisfeitos e seguros de teñen comido un cuarto do pastel? ¿Qué problemas presenta este procedemento?
¿Que relación garda o exemplo do reparto do pastel, co que propón Habermas no texto? ¿serviría un método como o do pastel para resolver os conflictos sociais? Razoa a resposta.

2. Reflexiona e resposta: Escribe unha norma de orde legal e outra de orde moral. ¿Qué ámbitos regula cada unha delas? ¿Quen as impón? ¿De qué ferramenta se vale para facelas cumprir? ¿Que orixinou cada unha delas? ¿En qué se fundamentan?

3.¿Cantos tipos de dereito, en función do tipo de normas, a súa orixe e aplicación se poden distinguir?¿Cántos tipos de códigos legais poden distinguirse no dereito civil, dependendo do ámbito de aplicación?

4. Le o artígo de Adela Cortina acerca das diferencias entre moral, dereito e relixión, axudarache a resolver o dilema


Ten en conta que para redactar a túa resposta debes aclarar as seguintes cuestións: ¿Cales son as causas do problema de Heinz? ¿Cales son as opcións que ten? ¿Que motivos pode ter a decisión de Heinz (emocionais e racionais). Se hai un conflicto entre os códigos que regulan a acción de Heinz. Se Heinz ten dereito a transgredir o código legal, ¿que lle daría ese dereito e en caso negativo por qué non o debe facer?.

 

Comprensión 2


Enma Zumm (J.L Borges)

No conto de Borges Enma enterase do falecemento do seu pai despois de unha longa enfermidade, contraída como consecuencia da perda do seu empleo ao ser acusado de roubo. Enma sabe, pois llo ten contado o seu pai, que o verdadeiro culpable era o director da compañía. Enma, en vinganza, planea a súa morte. Para evitar ser condenada trama alegar autodefensa. Planea a súa acción de tal xeito que poda finxir que foi violada polo xefe do seu pai e poder explicar que ao defenderse del o matou. Prostitúese unhas horas antes de cometer o seu crime, de forma que o acto sexual foi certo e a deshonra tamén.

O conto presentanos a imposibilidade da xusticia para condenar a Enma, ao ter que basear a valoración da súa acción só nos feitos obxectivos e non poder tomar en consideración as súas intencións. Adem.áis deixa aberta a cuestión acerca das verdadeiras motivacións da acción de Enma

Para ler o conto completo pincha aquí

Investigación Complementariedade dos códigos morais e legais

1. As circunstancias da acción de Enma poden dar como resultado que a lei non considere que cometeu un asasinato, porque poden confundirse cun acto de defensa da propia Enma. ¿Esta circunstancia está prevista polo dereito?¿É correcta moralmente a acción de Enma? ¿Moral e dereito coincidirían en xulgar a acción de Enma como incorrecta se as circunstancias non fosen tan equívocas?

2.Si non coñeces a historia de Antígona, infórmate e explica qué similitudes gardan as accións de ambas mulleres.

3. ¿Consideras culpables de homicidio aos seguintes individuos? En caso afirmativo ¿por qué?

  1. Un multimillonario vende algúns dos seus barcos ao Goberno, barcos que non reunen condicións de seguridade. Segundo información secreta que conseguimos de boa fonte, os barcos van ser empregados para o transporte marítimo de tropas . Se sabe, polo tanto, que, con toda probabilidade, algúns barcos (e algunhas vidas humanas) van a perderse a causa da súa venta. Pero de todos xeitos vende os barcos sen mencionar que no son aptos para cruzar el Océano.
  2. Uns fabricantes de automóviles deixan de colocar certos dispositivos de seguridade nos seus modelos novos a fin de conseguir beneficios maiores. Por cada dispositivo que deixan de colocar poden predecir con toda certeza que centos de conductores morrerán en accidentes de carretera Pero, por suposto, a ley non obriga a cololos.
Información

Como temos visto, os códigos consisten en conxuntos de normas (estructurados e sistematizados) que pretenden regular as distintas actividades dos seres humanos. Dentre eses códigos destacan dous que, pola súa influencia nas conductas humanas, poden considerarse os mais importantes: a moral e o dereito.

Moral e dereito comparten algúns riscos esenciais:

Ámbolos dous regulan as relacións entre individuos e amosan cal debe ser a conducta obrigatoria. Ámbolos dous propoñense como "imperativos", é dicir, conlevan a exisencia de que se cumpran. A diferencia das normas prácticas da técnica (formas de manexar un ordeador), non e propoñen como unha elección, senón como unha obriga ineludible. Os dous teñen un carácter social. É dicir atinxen á construcción da sociedade e respostan ás necesidade desta, a diferencia de outros códigos, como por exemplo o relixioso, que atinxe á intimidade do individuo e a súa salvación. Tamén teñen ambos un carácter histórico: cambian e desenvolvense históricamente, dependendo do sistema político e social ao que servan.

Tamén manteñen entre sí algunhas diferencias:

As normas morais, cumprense porque o individuo está convencido da súa necesidade, mentras que as normas legais non exisen que o individuo este convencido delas, senón que as acate sen mais. Neste sentido a moral é interior, mentras que o dereito é exterior ao individuo. Por outra parte, as regras morais valoran a intención do individuo ao realizar a acción, mentras que o dereito só valora os resultados da acción. Así por exemplo, ao dereito daralle igual que un individuo se marche dun almacén cun artigo non pagado por despiste, ou que o fixera coa intención de roubalo; en cambio, á moral resultarálle máis relevante a intención á hora de determinar a culpabilide. A coacción que exerce a moral tamén é fundamentalmente interna: é o individuo o que se obriga a sí mesmo ao cumprimento e a única instancia de castigo é a propia conciencia. En cambio, a coacción que exerce a norma legal é fundamentalmente externa. O dereito require un elemento de coerción externo que se reflicte no aparato estatal. Por iso, as normas morais non están reflectidas formal nin oficialmente, senón que son usos e costumes social e racionalmente establecidas. En cambio as normas legais están recollidas en forma de códigos escritos e oficiais.

Posto que a moral só está vinculada ás crenzas individuais, poden coexistir nunha sociedade varios códigos morais, en cambio, só pode existir un código legal que estará estará respaldado polo estado.

 

Interdependencias entre moral e dereito:

A esfera do moral é moito máis ampla que a esfera do dereito, porque, dadas as características da moral, esta abarca tódolos tipos de relación entre os seres humanos. O dereito, ao non requerir o consentimento interno dos individuos involucrados, só pode exisir cumprimento naqueles ámbitos non que se de algún conflicto de intereses entre individuos que a sociedade se vexa necesariamente obrigada a regular.

Algunhas formas de conducta humana, como o roubo ou o fraude ou as obrigas matrimoniais, son obxecto á vez do dereito e a moral, porque é desexable, non só que a persoa cumpra a lei, senón que o faga dende a convinción persoal, para que iso garanta que, incluso en ausencia dun poder coercitivo, a norma se cumpra igualmente. Outras formas de relación entre os seres humanos, como amizade, o amor, etc., só se regulan moralmente, deixando a decisión ou non de cumprir a norma á vontade do individuo.

O dereito e a moral son complementarios porque a moral garante que o dereito se cumpra, aínda cando non haxa coerción fáctica e o dereito evita o relativismo que suporía a existencia de códigos morais alternativos no seo dunha mesma sociedade. Por iso o dereito debe establecer os mínimos comúns de convivencia, que calqueira individuo dunha sociedade ten que cumprir.

Por outra parte o ámbito da moral crece continuamente a medida que os seres humanos aceptan as normasl, que nun principio eran só legais, como propias e as cumpren sen necesidade de coacción. Este crecemento do moral, en detrimento do legal, significa un progreso social, de forma que as relacións que se establecen entre moral e dereito nunha sociedade determinan o nivel de progreso desa sociedade.

 

Leer máis textos>>