AS TEORÍAS DO CONTRATO SOCIAL

Como temos visto, calqueira Estado trata de lexitimar o seu poder, porque iso fai máis fácil que os seus cidadáns o acaten.Non tódolos intentos de lexitimación son aceptables, como xa temos visto, pois alguns deles non non se sosteñen en bases racionais, e si emocionais. A lexitimación do poder do Estado pode establecerse tendo en conta como exerce o poder dito Estado, esto é, se é equitativo e xusto ou non (concilia ou non os intereses en conflicto dos seus cidadáns). Pero, na modernidade xurde a idea de que a lexitimidade dun Estado provén tamén da súa orixe. Un Estado sería lexitimo só no caso de que fora libremente consentido por tódolos cidadáns que o conformaron e non en base á forza da coacción. Nesta lección estudiaremos a fundamentación do poder nas sociedades democráticas tendo en conta para iso, a forma en que se orixinou o Estado.

As sociedades democráticas toman como marco teórico, para a súa fundamentación, a teoría de que toda sociedade se funda nun hipótetico "contrato social". Esta idea é característica da civilización moderna e contemporánea. Xurde no Renacemento e a Ilustración e prolongase ata os nosos días. Trata de fundamentar o poder e o Estado tomando como base a lexitimidade da súa orixe.

Cuestións Previas
O señor das moscas é unha película de Harry Hook, baseada na novela de William Golding. Conta a historia dun grupo de nenos, que a causa dun accidente atopánse sós nunha illa deserta. Deben aprender a sobrevivir e iso levaos a se organizarse socialmente (xefes, subordinados, división do traballo). Despois de ver a película ou ler a novela, resposta:

¿Cántos tipos de organización poderían terse establecido? ¿Por qué cres que se optou por unha e non por outra? ¿Que características ten o neno que se fai co poder? ¿qué parecido atopas coa realidade da constitución da sociedade?

Mr. Taylor (Augusto Monterroso)

No conto, Monterroso contanos a historia do Sr. Taylor, que inicia un negocio de venta de cabezas reducidas, case por casualidade, pero a dinámica do negocio leva a situación ata un punto insostible. O conto móstranos en clave de humor, como a lóxica mercantilista e capitalista impide que se respecten os dereitos das persoas. ¿Existe algunha maneira de acabar co proceso que describe o conto, aparte da que usa Mr. Taylor? Para ler o conto completo pincha aquí

Identifica os dereitos fundamentais dunha persoa:

Pensa nun dereito que cres que tódolos seres humanos deberían ter.

Individualmente ou en grupos pequenos, explicar cómo cres que se poden protexer ese tipode dereitos.

Comprensión 1
O único xeito de erixir un poder común capaz de defendelos da invasión extranxeira e das inxurias dun a outros (asegurando así que, pola súa propia industria e polos froitos da terra, os homes poidan alimentarse a si mesmos e vivir contentos) é conferir todo o seu poder e forza a un home ou a unha asamblea de homes, que poida reducir tódalas súas vontades por pluralidade de voces, a unha vontade. (...) Isto é máis que consentimento ou convordia; é unha verdadeira unidade de todos eles nunha idéntica persoa feita por pacto de cada home con cada home, como se todo home debera dicir a todo home: autorizo, e abandono o dereito de gobernarme a min mesmo, a este home ou a esta asamblea de homes, coa condición de que ti abandones o teu dereito a elo e autorices tódalas túas accións de maneira semellante. Feito isto, a multitude así unida nunha persoa chamáse República, en latín Civitas. Ista é a xeración dese grande Leviatán ou máis ben (por falar como maior reverencia) dese Deus Mortal a quen debemos, baixo o Deus inmortal, a nosa paz e defensa.Pois mediante esta autoridade, concedida por cada individuo particular na República, administra tanto poder e forza que, por terror delo resulta capacitado para formar as vontades de todos no propósito da paz na cas e a mútua axuda contra os inimigos do exterior. Thomas Hobbes: Leviatán, Parte I, Pág.. 2666-267. Editora Nacional Madrid 1979

En segundo lugar, o home renuncia por completo ao seu poder de castigar e emprega a súa forza natural -que podía empregar antes na execución da lei da natureza, tal e como queria e con autoridade propia- para asistir ao poder executivo da sociedade. segundo a lei mesma o requira (...) Pero aínda que os homes, ao entrar en sociedade, renuncian á iguladade, á liberdade e ao poder executivo que tiña no estado de natureza, poñendo todo isto en mans da sociedade mesma para que o poder lexislativo dispoña delo segundo o requira o ben da sociedade, esa renuncia faise por cada un coa exclusiva intención de preservarse a sñu nesni e de preservar a súa liberdade e a súa propiedade dunha maneira mellor, xa que non pode suporse que ningunha criatura racional cambien a súa situación co desexo de ir a peor. E así quen ostente o poder lexislativo supremo nun Estado está obrigado a gobernar segundo o que dicten as leis establecidas, promulgadas e coñecidas polo pobo e non mediante decisións imprevisibles; ten que resolver os pleitos por xuices neutrais e honestos, de acordo con ditas leis; (...) E todo isto non debe estar dirixido a outro fin que non sexa o de lograr a paz e seguridade do pobo. J. Locke Sobre o Goberno representativo.Madrid.


Hai con frecuencia gran diferencia entre a vontade do todos e a vontade xeral; esta refirese só ao interese común, a outra ao interese privado, e non é máis que unha suma de vontades particulares: pero quitade desas mesmas vontades os máis e os menos que se destruen entre si, e queda como suma das diferencias a vontade xeral.(...) O pacto social establece entre os cidadáns tal igualdade que todos se obrigan nas mesmas condicións e deben gozar dos mesmos dereitos. Así, por natureza do pacto, todo acto de soberanía, ou sexa todo acto auténtico da vontade xeral, obriga ou favorece igualmente a tódolos cidadáns, de sorte que o soberano coñece só o corpo da nación e non distingue a ningún compoñente. ¿Que é entón un acto de soberanía? Non é un acordo do superior co inferior, senón un acordo do corpo con cada un dos seus membros. Acordo lexítimo, porque ten por base o contrato social; equitativo, porque é común a todos; útil, porque non pode ter outro obxecto que o ben xeral, e sólido, porque ten por fiador á forza pública e o poder supremo.. J. J. Rousseau: El Contrato Social. Libro I, Cáp. VI. Pág. 16-17, 30-35. Ed. Aguilar. Madrid


2.Ningún Estado independente (grande ou pequeno, da o mesmo) poderá ser adquirido por outro mediante herdanza, permuta, compra ou doazón. Un estado non é un patrimonio (patrimonium) (como o chan no que ten a súa sé). É unha sociedade de homes sobre a que ninguén máis que ela ten que mandar e dispoñer. Enxertalo noutro Estado, a el que coma unha árbore ten as súas propias raíces, significa eliminar a súa existencia como persoa moral e convertilo en cousa, contradicindo, polo tanto, a idea de contrato orixinario sen o que non pode pensarse ningún dereito sobre un pobo. (...)

5. Ningún estado debe inmiscuirse pola forza na constitución e goberno doutro.Pois ¿que lle daría dereit a iso? ¿quizáis o escándalo que dea aos súbditos doutro Estado? Pero este escándalo pode servir máis ben de advertencia, ao mostrar a grande desgracia que un pobo ten atraído sobre si por vivir sen leis (...) Sen embargo non resulta aplicable isto ao caso de que un Estado se divida en dúas partes por discusións internas e cada unha das partes represente a un estado particular coa pretensión de ser a totalidade; que un terceiro Estado preste entonces axuda a unha das partes non podería ser considerado como inxerencia na constitución doutro Estado (pois só existe anarquía). Sen embargo mentras esta loita interna non se decidira, a interferencia de potencias extranxeiras sería unha violación dos dereitos dun pobo independente que combate unha enfermidade interna; sería mesmo un escándalo e poría en perigo a autonomía dos estados. I. Kant La paz perpetua

Investigación: As Orixes da teoría do Contrato social

1. O modelo individualista do Estado: Tomas Hobbes

¿De qué presuposto acerca da natureza humana parte a teoría de Hobbes? Repasa, para respostar o tema 2 e investiga en

¿A quen se refire Hobbes co apelativo de “Leviatán”?. Busca en el diccionario o significado desa palabra e explica porque a utiliza Hobbes.

¿Cales son segundo Hobbes os termos do acordo entre os seres humanos? ¿Cales son os motivos que levan a ese acordo? ¿Cales son os límites do Leviatán? ¿O modelo de goberno que se deriva da obra de Hobbes é: absolutista, democrático, anarquista?

¿Cal é a crítica fundamental que pode facerse á teoría do contrato de Hobbes?

2. O modelo liberal: John Locke

¿De qué presuposto acerca da natureza humana parte a teoría de Locke?. Repasa, para o iso o tema 2 e investiga en

¿Cales son segundo Locke os termos do acordo entre os seres humanos? ¿Cales son os motivos que levan a ese acordo?

¿Cales son os límites do Estado segundo Locke?

¿O modelo de goberno que se deriva da obra de Locke é: absolutista, democrático, anarquista?

¿Cal é a crítica fundamental que pode facerse á teoría do contrato de Locke?

A teoría do contrato de Locke sustenta teóricamente o Liberalismo económico. Investiga en qué consiste esta teoría económica e cales son as súas consecuencias éticas, políticas e xurídicas.

 

3. O modelo universal: Rousseau e Kant

¿A cál dos dous autores que se presentaron antes se parece máis a visión do contrato de Rousseau?

¿En qué sentido mellora a noción de Estado que nos presenta Rousseau? ¿O modelo de goberno que se deriva da obra de Rousseau é: absolutista, democrático, anarquista?¿Cál é a crítica fundamental que puede facerse á teoría do contrato de Rousseau? investiga en

A teoría do contrato de Rousseau se fundamenta na noción de “vontade xeral”. Investiga en qué consiste e cáles son as súas consecuencias éticas, políticas e xurídicas. Para respostar investiga en

Na súa obra A Paz perpetua, Kant propón varias normas para evitar definitivamente a guerra entre Estados ¿Qué tipo de pacto constituirían? O concepto de Estado que manexa Kant ¿da cabida a un estado supranacional?Iinvestiga en

A visión da guerra que ten Kant, ¿en qué medida se parece á visión de Hobbes?. investiga en

Aplica o texto de Kant buscando situacións históricas que reflictan un conflicto bélico por ter transgredido calquera dos dous preceptos que propón Kant como normas para a convivencia entre estados. Como exemplo podes ver o seguinte video

Comprensión 2

...a idea reitora é que os principios da xustiza para a estrutura básica da sociedade, son o obxecto do acordo orixinal. Son os principios que as persoas libres e racionais interesadas en promover os seus propios intereses aceptarían nunha posición inicial de igualdade como definitorios dos termos fundamentais da súa asociación. Estes principios teñen que regular todos os acordos posteriores; especifican os tipos de cooperación social que poden levarse a cabo e as formas de goberno que poden establecerse. Esta forma de consideralos chamareino xustiza como imparcialidade.(...) A intención da posición orixinal é establecer un procedemento equitativo segundo o que calqueira que sexan os principios acordados, estes sexan xustos. O obxectivo é utilizar a noción de xusticia puramente procesal coma base da teoría. Dalgún xeito temos que anular os efectos das continxencias específicas que poñen aos homes en situacións desiguais e en situación de tentar explotar as circunstancias naturais e sociais no seu propio proveito. Agora ben, para lograr istoo supoño que as partes están situadas baixo un velo de ignorancia. Non saben cómo as diversas alternativas afectarán aos seus propios casos particulares, véndose así obrigadas a avaliar os principios unicamente sobre a base de consideracións xerais. (...)

Consideremos agora o punto de vista de alguén que se atopa na posición orixinal. Non hai maneira de que obteña ventaxes especiais para si mesmo. Por outra parte, tampouco ten razóns para aceptar determinadas desvantaxes. Dado que non é razoable que agarde máis ca un anaco equitativo dos bens sociais primarios, e dado que non é racional que acepte menos, o máis sensato é recoñecer como primeiro paso un principio da xustiza que exisa unha distribución igualitaria.De feito, este principio é tan obvio, dada a simetría das partes, que se lle ocorrería inmediatamente a calqueira. Así as partes comezan cun principio que exise iguais liberdades básicas para todos, así coma unha igualdade equitativa de oportunidades e unha división igualitaria de ingresos e riquezas. Jhon Rawls: Teoría de la Justicia, F.C.E. Pág.. 28, 163-164. FCE. Madrid 1979

 

 

 

 

Para valorar o nivel do teu razoamento pincha aqui

Dilema

Imaxina dous presos, Pedro e Xurxo, contra os que hai poucas probas reais. Aínda que eles cometeron un delito, poden agardar, se os dous calan, unha condena leve (por exemplo seis meses de cárcere). Sen embargo, se Xurxo confesa, mentras que Pedro queda calado, terá unha condena de dous anos e Pedro unha de cinco anos. Inversamente, se Pedro fala e Xurxo queda calado, a Pedro caénlle dous anos e a Xurxo cinco. Así, cada un deles ten a opción de confesar ou non. Se os dous confesan, cada un sufrirá unha condena de dous anos e se os dous calan, cada un pasará seis meses no cárcere. Claro está que non poden comunicarse entre sí nin saber o que vai facer o outro (están baixo o velo da ignorancia de Rawls) ¿Qué farías ti? Razoa a resposta

Existen un montón de situacións nas que as persoas nos atopamos nun dilema similar ao exposto arriba (os miembros dun matrimonio, os homes de negocios, os gobernos na carreira de armamentos....). Propón ti outro dilema do mesmo tipo.

Investigación: Actualidade da teoría do Contrato social

1. O neocontractualismo: J. Rawls

¿Cáles son segundo Rawls os termos do acordo entre os seres humanos?

¿Cáles son os motivos que levan a ese acordo? ¿Qué crítica se lle podería plantexar á posición de Rawls?

2. Aplicacións da teoría do contrato

¿Cómo se relaciona a teoría do contrato social co liberalismo?

¿Qué problemas plantexa a globalización da economía á hora de fundamentar o estado no contrato social?


3. Taballo coas imaxes

A fundamentación do estado na teoría do contrato social ¿Podería terse dado se non existise o capitalismo? Comenta as viñetas de Forges e Romeu

¿En qué forma pode asegurarse que o estado constituído por contrato social non chegue a abusar do seu poder?

¿Cómo se aplica a teoría do contrato social nun caso concreto, por exemplo o de España? Busca na Constitución Española os artigos que fan referencia a eso.

¿Sería posible en España unha situación de abuso do Estado sobre os ciudadáns. ¿Coñeces algún caso no que se dira un abuso así? ¿E algún país?

Información

Xa temos visto que caquera forma de poder tenta lexitimarse dun xeito ou doutro diante dos seus cidadáns. Algunhas destas formas de lexitimación apelan á tradición, á orixe divina do poder, á función da sociedade para os seres humanos... Todas teñen en común a idea de que, ademáis de ser xusto na súa aplicación, o poder debe ser lexitimo na súa orixe, isto é, en razón de como se constituíu. Todos as formas de lexitimación citadas nas leccións anteriores, sitúan a orixe do poder nalgo externo aos cidadáns que compoñen a sociedade (os costumes ancestrais, Deus, a natureza...)

Coa modernidade xurde, senembargo, unha nova forma de plantexarse a orixe da sociedade, fundamentando o poder nos cidadáns mesmos e non nalgunha instancia exterior a eles. O individualismo e a crenza no poder da razón son os riscos definitorios da modernidade. Desde estes presupostos entendese que a sociedade se plantexe como un acordo entre individuos libres e iguais. Non se esquecen como se pode supoñer os motivos que levan aos individuos a conformar a sociedade, pero aceptase que esta é o resultado dunha elección voluntaria, a partires da que se establecen normas e institucións. É verdade que o individuo ten que gañar algo ao entrares na sociedade (seguridade, capacidade racional, tempo libre...) e que tamén perderá algo (liberdade fundamentalmente). Pero a lexitimación do poder establecese polo mecanismo que fixo posible a súa implantación (consentimento) e non polos resultados do exercicio dese poder.

Todas as teorías do contrato teñen en común os seguintes puntos:

  1. O contrato social é unha ficción hipotética. Non se trata de explicar a orixe histórica dunha determinada orde social.
  2. O estado anterior ao contrado denominase "Estado de Natureza". Se eliminamos as características que nos outorga a sociedade e, o que queda é mellor que a vida social, o Estado non tería xustificación. As teorías do contrato tentan plantexar a imposibilidade do estado de natureza.

A orixe das teorías do contrato

Podénse distinguir tres modelos de teoría do contrato, orixinados en diferentes formas de entender a situación inicial do estado de natureza, os fins do estado e o xeito no que se leva a cabo o pacto.

Modelo
INDIVIDUALISTA
LIBERAL
UNIVERSALISTA
Estado de natureza

estado de guerra e liberdade ilimitada

estado de dereitos naturais nun ámbito de inseguridade e liberdade estado carente de dereitos no que o principal é a subsistencia
Forma do Pacto
cesión do uso da forza ao soberán Acordo entre iguais Acordo entre todos os individuos
Finalidade do Estado
Garantir a seguridade Mediar entre os intereses individuais Busca do ben común
Representante
Hobbes
Locke
Rousseau

Tomas Hobbes (1588-1679), na súa obra Leviatán, expón as regras que rexen a conducta humana. O corpo e a mente humanas non son, segundo Hobbes máis que máquinas, as súas reaccións veñen producidas polas súas paixóns. Hobbes explica que a conducta humana guíase polo instinto de conservación e a necesidade de conseguir o pracer e evitar a dor. Nun hipotético estado de natureza, os seres humanos non farían máis cálculos que os necesarios para conseguir aquilo que desexan, e os únicos medios de conseguilo (cando entramos en competición con outros) son a astucia ou a forza.

Hobbes afirma tamén a igualdade natural entre os homes, que se ben poden carecer dunha das dúas calidades, terán a outra para compensalo. Esta igualdade natural dos homes fai previsible que nun estado de natureza, a guerra de todos contra todos sexa permanente. Neste estado natural, as nocións de ben e mal non terían sentido, porque onde non hai máis lei que a lei natural de sobrevivir, non pode haber trasgresión á lei e, polo tanto, tampouco haberá inxustiza.

Ao contrario que para Aristóteles ou Platón, Hobbes considera que o Home non está feito para vivir en sociedade. O ser humano é egoísta por natureza e non ten máis interese que impoñer a súa vontade aos demáis. Pero todos os seres humanos son tamén iguais no afán de preservar a súa vida e no medo que teñen á morte. A sociedade xurdirá así, segundo Hobbes, da necesidade dos seres humanos de crear un clima de seguridade que lles permita satisfacer o seu desexo dunha vida confortable e a eliminación do temor a unha morte violenta. Pero, a sociedade humana non é unha agrupación natural (como a dos animais gregarios) e só se mantén por interese. Os intereses privados dos individuos case nunca coinciden co interese social, pero a persoa cede libremente algúns dos seus dereitos (os menos posible) para que á súa vez os outros membros da sociedade cedan algúns dos seus no seu beneficio. De ahí xurde o pacto ou Contrato social (que se da por suposto, pero que nunca foi un pacto real) polo cal o Estado ou República se compromete a protexer aos seus membros e ás súas propiedades

O pacto social, segundo Hobbes, só pode manterse se está sustentado nunha forza maior que a de calquera dos seus membros. Segundo el, calquera membro da sociedade que poda illarse dela, porque teña máis forza, farao no momento no que teña algún interese privado. Por iso o único xeito de evitar que os individuos trasgredan as leis sobre as que se fundamenta a sociedade, será establecer unha forma de goberno na que as consecuencias desta transgresión non lle interesen aos cidadáns. O Contrato que plantexa Hobbes conleva a transferencia da liberdade e dos dereitos individuais ao soberán, entidade que, a partires do contrato, ostentará en solitario os dereitos. Os cidadáns non terán, a partir dese pacto, máis dereitos que os que o soberán queira outorgarlles. Hobbes chama a este Estado o grande Leviatán, en referencia a un monstro mitolóxico, encarnación do demo e a forza sobrehumán, consituido por un conglomerado de seres.

O soberán, así constituído concentra nas súas mans o poder da sociedade e garante a protección e a seguridade dos seus súbditos: o dereito á vida, a defensa contra os ataques dos estados lindantes dos cidadáns que non acatan as normas. Desde a teoría do contrato de Hobbes fundamentase o ideal do Estado protector cuia función consiste en vixiar e garantir a orde e a paz, ademáis de castigar aos transgresores. Como queira que os cidadáns do Estado hobbesiano non teñen, en rigor, dereitos, desde esta teoría fundamentaronse os gobernos autoritarios e absolutistas.

Jhon Locke (1632-1704), na súa obra fundamental: Dous tratados sobre o Gobierno Civil, plantexa un punto de partida, para a teoría do contrato, máis optimista, respecto da natureza humana que o plantexado por Hobbes. A diferencia deste, nos presenta un ser humano dotado de razón e conciencia e non unha simple máquina dirixida polas súas paixóns. O ser humano, para Locke, está dirixido polas súas paixóns e desexos, pero é capaz, por medio da lei natural (moral) de establecer por si mesmo pautas de convivencia cos demáis.

No estado de natureza os sers humanos poden vivir e traballar usando os bens naturais, pero esta situación non é fácil de manter. O estado natural non permite o progreso humano, porque os dereitos de propiedade dos individuos non teñen a estabilidade necesaria. Locke afirma que a racionalidade e a empatía humanas son as que permiten a organización social (fundamentalmente para a cooperación e o comercio) aínda antes de establecer un Estado ou un poder común que regulamente e estruture esas relacións. Para Locke o que leva aos individuos a establecer un contrato, non é tanto o medo á morte, como a necesidade de garantir as súas propiedades. Locke entende que a base do progreso humano está na propiedade privada, porque só o interese en preservar e aumentar esa propiedade fai que os seres humanos traballen.

A teoría política de Locke basease nunha teoría da propiedade contraria á que se presentaba durante a Idade Media. Nun mundo dominado polo poder relixioso, o individuo non tiña máis dereitos que os que Deus lle outorgaba. Deus deixou en mans dos seres humanos (en común) a terra e todos os seus bens. Esa propiedade común facía que, no mundo medieval, todos os intentos de acaparar propiedades en detrimento de outros (base do capitalismo) foran considerados actividades pecaminosas e pouco dignas do ser humano.

A aparición do mercantilismo e do capitalismo (característicos da Idade Modeerna), precisaba dunha teoría da propiedade distinta á da Idade Media. Locke asume o mesmo punto de partida: A terra e os seus bens foron outorgados por Deus aos seres humanos. Sen embargo, as súas conclusións son moi distintas. Locke comeza por afirmar que a primeira propiedade de unha persoa é a propiedade de si mesma e, xa que logo, do seu traballo. Ninguén fora da propia persoa ten dereito sobre ela, sobre o seu traballo e sobre a obra que ese traballo produce. Este traballo realizase sobre a base común dos bens da terra, de xeito que os individuos apropianse de parte do que teñen en común, coa soa limitación de deixar algo para os demais (pois todos os seres humanos teñen un dereito natural á súa propia conservación) e de non desaproveitar ningún deste bens.

A aparición do capital produce que ese desaproveitamento que limitaba a apropiación que os individuos facían dos bens naturais non teña límites. En condicións premercantis, o individuo non ten desexo de apropiarse de máis ben que os precisos para sobrevivir. Pero, despois da aparición do capital, ese desexo de aprovisionarse do necesario para o consumo amplíase cara o futuro, de xeito que os seres humanos comezan a acaparar. Esta teoría de Locke fundamenta a maneira de pensar capitalista: Un individuo é libre de usar as súas propiedades, mesmo o seu traballo, como queira, pode, por exemplo vendelas ou intercambialas. O dereito sobre a propiedade reside no esforzo que se fixo para conseguila e na liberdade de dispoñer libremente dela. Así que o individuo é responsable en exclusiva da súa calidade de vida sen que poida pedir a outros ningunha responsabilidade ao respecto.

A idea de Estado que xurde da teoría do contrato de Locke é a idea de Estado liberal, cuia función se limita a garantir a liberdade de actuación dos individuos intervindo o menos posible na vida privada dos mesmos. Deste xeito os individuos poden perseguir os seus intereses particulares de acordo coas leis sen que as súas liberdades se vexan coartadas polo poder público. No marco da teoría de Locke no que toma sentido a idea de liberdade positiva, como verdadeira idea de liberdade para os individuos que só pode darse en sociedade.

A finalidade principal dos individuos para situarse baixo a autoridade dun goberno é a conservación das súas propiedades. A visión do estado de Locke é similar á dunha sociedade anónima, na que todos os socios deben considerarse propietarios. Locke considera que todos os individuos son membros da sociedade, pero só aqueles que teñen propiedades son membros de pleno dereito. Os individuos que só posúen a súa forza de traballo están sometidos e protexidos polas leis (son obxecto de dereitos) pero a representación do poder político recae en institucións formads por individuos propietarios, sen os que a sociedade non podería subsistir. Estes representanes son elixidos polos demáis propietarios a través dun sistema de maiorías. Deste plantexamento xurde a idea de democracia representativa. Unha das razóns que leva a Locke a propor esta democracia restrinxida é a sospeita de que, se todos os membros da sociedade (mesmo os non propietarios) participaran do poder político, non habería garantía de que se mantiveran as institucións de propiedade que son o motor do progreso social.

O modelo de Contrato social que nos propón Locke, presenta por primeira vez un intento de limitar o poder do estado que non existía na teoría de Hobbes. Para Locke, os dereitos do ser humano son anteriores ao pacto social e, cando pasa a formar parte da sociedade non renuncia a todos eses dereitos. Para Hobbes, os dereitos só existían como concesións do Estado, en cambio para Locke o fundamento do Estado está no conxunto da sociedade e, cando o Estado non cumpre a súa misión de protexer os dereitos naturais dos individuos, pode retirarlle o poder, mesmo pola forza.

Jean Jacques Rousseau (1712-1778), autor de O Contrato Social e Discurso sobre a desigualdade entre os homes, proponnos unha visión ben distinta da natureza humana e o seu estado antes de entrar a formar parte da sociedade. Rousseau presentanos un ser humano que, en estado de natureza, é un ser libre, non social, independente, pero que non ten vicios nen virtudes. A capacidade racional e de empatía que o ser humano posúe condúceo a agruparse en núcleos sociais, non polo interese de conseguir privilexios ou seguridades vivindo en grupo, senon coma un medio de enxendrar novas forzas que lle permitan perfeccionar a súa natureza. Neste sentido Rousseau plantexa a necesidade da sociedade do mesmo xeito a como o facían Platón ou Aristóteles: a sociedade é necesaria porque o ser humano non pode chegar á perfección da súa natureza fora dela. A agrupación social xera a suma de forzas necesaria para consequir o progreso humano, pero exise do individuo a renuncia á súa independencia, ao uso da forza e á liberdade e produce, ao mesmo tempo, competencia, desigualdade, avaricia, etc,. A corrupción non é unha característica da natureza humana, senón o resultado dunha lei oculta que actúa cando a sociedade chega a un certo grao de complexidade, na que os individuos mudan o desexo de benestar propio polo desexo de estar en mellor posición cos outros.

Rousseau entende que esta situación pode evitarse por medio dun contrato social. Os seres humanos deben vivir en sociedade de forma que ao mesmo tempo que se logra o progreso da súa natureza (fundamentalmente libre) se evite a competencia ou a desigualdade económica e social. O contrato social que deseña Rousseau consiste na creación dun corpo político ou soberán no que todos os individuos constitúen unha soa persoa pública, cunha soa vontade. A esta vontade denóminaselle vontade xeral e expresase na lei que é igual para todos. A vontade xeral exclúe, por suposto, calquera interese particular porque sería contradictorio co ben común. Cando o individuo acepta a vontade xeral, non perde para nada a súa liberdade, pois non fai máis que acatar a lei que se deu a si mesmo no momento do pacto.

O modelo político de Rousseau alonxase da proposta de Locke dunha democracia representativa, porque o pobo non pode ser representado por ningún ciudadán, senón que as decisións públicas deben ser tomadas por medio dunha democracia directa.

O neocontractualismo. No século XX algúns teóricos, como J. Rawls ou E. Nozik, segen a usar a idea de Contrato Social para analisar a orixe e lexitimación das formas de poder, aínda que o fan desde un punto de vista diferente.

J. Rawls (1921- ) na súa obra Teoría da Xustiza usa a idea de contrato social como un procedemento. Ao neocontratualismo contemporáneo non lle interesan os motivos polos cales os individuos se organizan en sociedade a través dun pacto, senón "como" organizan ese pacto. Unha organización social e as súas formas de poder serán lexítimas só cando o procedemento da súa constitución fora xusto. Tal plantexamento require unha definición de xustiza válida para a sociedade contemporánea, que se caracteriza polas desigualdades sociais e as diversas interpretacións do ben moral.

Rawls afirma que a única maneira de proporcionar a unha sociedade institucións de poder e regras xustas sería que os individuos que as conformaran estiveran nunha posición tal que a súa decisión fora racional e, polo tanto, universalizable. A esta posición na que estarían os individuos antes de formar o Estado denominaa “Posición orixinal” e a súa característica fundamental é a posición de ignorancia. Os individuos que se atopan nesta posición deben descoñecelo todo das súas características personais (sexo, etnia, cultura...) e económicas (posición social, rol, status...), estarían baixo “o velo da ignorancia” . Nestas condicións o individuo elexirá sempre como un egoísta racional, minimizando os inconvintes. Para iso será necesario establecer dous principios básicos de xustiza que rexerán a sociedade:

  1. Principio de libertade: Todos por igual deben ter a máxima libertade
  2. Principio de Igualdade: Todos os individuos deben ser iguais na distribución de bens, a menos que a desigualdade beneficie a todos.

O intento de fundamentación de Rawls trata de ofrecer unha xustificación moral das regras que deben rexir as relacións sociais nas sociedades actuais. Do mesmo xeito en que Rousseau, o fixera para as sociedades ilustradas. Propónse un procedemento para asegurar a xustiza das normas que poida ser válido universalmente.

A teoría de Rawls cree fundamentalmente na racionalidade do ser humano e na súa capacidade, aínda desde a posición individualista e egoísta de elexir o mellor para todos. O seu pensamento exerceu unha influencia decisiva especialmente no liberalismo estadounidense e na socialdemocracia europea

Leer máis textos>>