ESTADO E SOCIEDADE CIVIL

Na ctualidade a idea de Estado de dereito e os límites plantexa, leva á conclusión de que tales límites só pode fixalos unha instancia superior ao propio estado. Nun estado de dereito os individuos deben estar protexidos contra os abusos do poder e, en ocasións o contrato social que garantiría esa protección non funciona debidamente. Por outra parte o feito actual da globalización da economía, pero tamén e como consecuencia diso, a globalización da política e a cultura, fan necesario que existan controis supraestatais que permitan protexer aos seres humanos en calqueira lugar do mundo.

A instancia que fai posible este desiderata, non pode ser á súa vez un estado, nin sequera un estado universal que abarcara todo o planeta. Faise necesario que exista unha opinión pública internacional e organizacións supraestatais de carácter non gubernamental que vixien coiden e denuncien os abusos do poder, en calqueira das súas formas. Todas estas cuestións conducen á idea de recuperar o proxecto de sociedade civil como esfera de organización da vida social.

Cuestións Previas
A imaxe corresponde á película de Trufautt Farenheit 451, rodada en 1966. O título fai alusión á temperatura á que arden os libros. Trufautt contanos a historia dunha sociedade futura onde a lectura está prohibida e existe un corpo de bombeiros adicado a queimar bibliotecas clandestinas. Existen nesta sociedade grupos de persoas que desobedecen as leis. ¿poderías pensar situacións similares que se dean na nosa sociedad actual?

A imaxe corresponde á película Germinal (1994) de Claude Berri, baseada nunha novela de Emile Zòla, na que se narran as primeiras revoltas obreiras en Francia e o nacemento dos sindicatos como instrumentos de control do Estado. ¿Cumpren hoxe a mesma función?

¿Qué representaron na loita pola liberdade e a autonomía cada unha das situacións que reflicten as imaxes seguintes? Para ver un documento sobre elas, pincha la imagen.
Comprensión 1
No sentido máis abstracto, a sociedade civil pode considerarse como un agregado de institucións cuxos membros participan nun conxunto de actividades non estatais –producción económica e cultural, vida doméstica e asociacións de axuda mutua-, e que aquí preservan e transforman a súa indentidade exercendo toda clase de presións ou controis sobre as institucións do Estado (...)

Desta maneira sociedade civil e Estado deben converterse en condición dunha democratización recíproca. A sociedade debe converterse nunha espiña cravada permanentemente na perna do poder político. Sen unha sociedade civil segura e independente das esferas públicas, os obxectivos de igualdade, libertade, planificación participativa e adopción conxunta de decisións, non serán máis que frases baleiras. Pero sen a función protectora, redistributiva e mediadora do Estado, as loitas por transformar a sociedade civil caerán na dinámica do gueto, na división e no estancamento, ou xerarán as súas propias e novas formas de desigualdade e falta de libertade. Jhon Keane: Democracia y sociedad Civil

 
A teoría do discurso(..) conta coa intersubxectividade de orde superior que representan procesos de entendemento que se efectúan na forma institucionalizada de deliberacións nas corporaciones parlamentarias ou na rede de comunicación dos espacios públicos políticos. Estas comunicacións "exentas de suxeito" ou que non cabe atribuir a ningún suxeito global, constitúen campos nos que pode ter lugar unha formación máis ou menos racional da opinión e a vontade acerca de temas relevantes para a sociedade global de materias necesitadas de regulación. A formación informal da opinión desemboca en decisións electorais e institucionalizadas e en resolucións lexislativas polas que o poder xerado comunicativamente se transforma nun poder empregable en térmos administrativos. Ao igual que no modelo liberal, tamén na teoría do discurso respectanse os límites entre o Estado e a sociedade; pero aquí a sociedade civil, en tanto que base social de espacios públicos autónomos, distinguese tanto do sistema de acción económica como da administración pública. E, desta comprensión da democracia siguese normativamente a exisencia dun desprazamento do centro de gravidade na relación entre os tres tipos de recursos que para as sociedades modernas representan os recursos que son o diñeiro, o poder administrativo e a solidariedade, aos que as nosas sociedades teñen que recorrer para satisfacer a súa necesidade de integración normativa e de regulación sistémica. As implicacións normativas son evidentes: a forza de integración social que ten a solidariedade (...) tería que poder afirmarse tamén fronte e contra os outros dous poderes, é dicir, fronte ao diñeiro e ao poder administrativo. Habermas, J.: Tres modelos de democracia, Eutopías, vol. 43, 1994, Valencia; Págs. 15-16.
 

Investigación: O concepto de sociedade civil

¿Qué organizacións non estatais coñeces que se adiquen a crear estados de opinión no seo da sociedade acerca de diversos aspectos (o mal funcionamento das leis, a carencia de conciencia social, de discriminación...). Busca algunhas organizacións deste tipo coa axuda de calqueira buscador en Internet. Investiga sobre a historia dalgúns destes grupos e explica as súas motivacións, orixe, desenrolo, os problemas que se lles plantexan...

Lee o conto de Will Eisner (accede pinchando na imaxe) onde se plantexa o problema da participación política dos ciudadáns, como un dereito, pero tamén como un deber. Despois le o artigo Putnam sobre a participación política en america, en:

Existen varias teorías sobre o que é a sociedade civil e como debe funcionar. ¿Cres que a sociedade civil debe estar respaldada polo poder económico?. Pensa nun caso no que ese respaldo fora contra os intereses da maioría. Investiga tamén en qué consiste un “lobby” e cales son os seus mecanismos de actuación.


 

¿Cómo debemos comportarnos individualmente ante as situacións sociais e políticas? ¿Cres que unha persona soa pode lograr que cambie a sociedade e as súas reglamentacións? ¿En que consiste estar comprometido políticamente?

Le a entrevista co escritor Tabucci antes de contestar.

 

Comprensión 2
Fai algúns anos requeriume o estado en nome da Igrexa e ordeoume pagar certa suma en favor dun sacerdote aos sermóns do que asistía o meu pai, aínda que eu non asistín nunca. “Paga, dixo ou serás encarcelado”. Negueime a pagar, pero, por desgraza, outro home xulgou convinte pagalo.(...) Sen embargo, a petición de homes escollidos, accedín a poñer por escrito unha afirmación como a que segue: “Sabede todos pola presente que eu, Henry Thoureau, non desexo que se me considere membro de ningunha sociedad constituída á que eu non me teña asociado”. Dinlle esto ao funcionario do concello e obra no seu poder. Tendose enterado así o estado de que eu non desexaba que se me considerase membro desa igrxa, nunca dende entón me volveu dirixir unha petición dese tipo, aínda que naquel momento dixo que tiña que manterse na súa suposición orixinal. De ter sabido cómo se chamaban, quitaría o meu nome unha por unha de todas as sociedades ás que nunca llo dín, pero non sabía ónde atopar a lista completa. H.D. Thoureau: La desobediencia Civil. p. 62-63. Editorial Grupo cultural Zero. Madrid 1985

Para valorar o nivel do teu razoamento pincha aqui

Dilema

Supón??? que vives nunha sociedade que se declara confesional. Polo feito de nacer nela declaraseche membro da Igrexa en cuestión, aínda que non queiras selo. A relixión que asume o teu país impón determinados costumes tradicionais relacionados con moitos aspectos da vida cotidiana, pero tamén coos roles que deben ocupar os ciudadáns en función das súas características. En xeral, cada vez que o goberno emite unha lei, esta debe pasar pola censura da Igrexa. Imaxina que o goberno impón unha lei que impide que se lean libros que no sexan de temática relixiosa e unha asociación clandestina proponche participar nunha rede para introducir libros clandestinos no país e formar un clube de lectura. Comenta que farías en cada un dos casos seguintes:

  1. O poder relixioso manténse pola forza.
  2. A relixión mantense a través da educación e a formación relixiosa que acondiciona aos cidadáns.
  3. Mantense porque a maioría acepta a norma (por diversos motivos: medo, ignorancia, ideoloxía, crenza...)

Investigación: A desobediencia civil

Le o artígo de El País que propomos

¿Cáles serían as condicións necesarias para que a desobediencia á lei fose lexítima? ¿Poden os ciudadáns cuestionar o contido dunha lei? ¿Poden os soldados cuestionar o contido dunha orde? ¿Cres que a "obediencia debida" no exército exime a aqueles que cumpren as ordes de responsabilidade? Razoa as respostas, tendo en conta as relacións entre ciudadán e Estado, Lei e dereitos humanos, responsabilidade moral e legal...

No caso de que fose unha comunidade enteira a que non quixera obedecer as normas do Estado, ¿Qué dereito tería éste a imporllas? ¿En qué condicións podería unha comunidade illarse das normas legais do Estado no que vive? Pincha no icono para atopar descrita a base do conflito entre a comunidade Amish e o Estado Norteamericano. Da a túa opinión ao respecto.

O anarquismo ademáis dunha teoría política tense presentado en ocasións como unha teoría da desobediencia civil ¿Cres que sería posible unha comunidade sen normas? Le as entrevistas con Chomsky en:

Información

Estado e sociedade civil

Como vimos, na historia de Occidente a partir da modernidade, o interese por limitar o poder do Estado sobre os cidadáns ten sido unha preocupación importante. O aumento progresivo das competencias do Estado (burocracia, tecnocracia...) conduce a unha separación cada vez maior entre gobernantes e gobernados. As teorías do contrato social asumen que o poder do Estado e a lexitimidade das súas leis fundabase no acordo de todos os integrantes da sociedade en cuestión. Sen embargo ese acordo orixinal non podía renovarse continuamente (democracia directa) e o xeito de goberno que rematou por impoñerse (democracia representativa) producía esa separación entre goberno e gobernados, fonte de conflitos.

Froito do interese por limitar a capacidade do Estado para abusar da confianza dos seus súbditos e do interese por protexer as minorías, xurdiu o Estado de dereito. Pero, a toma de conciencia do abuso e a reivindicación dos dereitos dos cidadáns fronte ao estado non se realiza só posuíndo un aparato formal para levalo a cabo, senón que require tamén que os cidadáns sexan conscientes do abuso ou dunha situación de discriminación ou limitación por parte do Estado. E, ademáis, esta toma de conciencia non pode levarse a cabo a través de institucións estatais, pois é unha toma de conciencia contra o Estado.

Por outra parte a soberanía estatal é insuficiente para facer fronte a problemas que superan o ámbito estatal (protección do medio ambiente, globalización económica, información...) por que son problemas que afectan ao conxunto do planeta e non poden resolverse dentro das fronteiras do país. A toma de conciencia da que falamos exise a formación dunha opinión pública que, a nivel estatal, poida facer modificar o comportamento do estado respecto aos cidadáns e, a nivel mundial, pode lograr organizacións supraestatais que resolvan os conflitos máis importantes.

Esta opinión pública xéxtase no seo da sociedade civil, entendida como unha instancia allea ao control coercitivo do Estado. Conforman a sociedade civil todas as relacións humanas e asociacións que non son dirixidas, controladas e formadas polo Estado: familia, igrexa, asociacións culturais, ongs, asociacións pacifistas.... Son asociacións fundadas en ligazóns non políticas (de amistade, culturais, morais...) O compromiso, consciente ou inconsciente, destas asociacións é crear pautas de condutas e modelos de comportamento que produzan formas de entender a vida novas, pero tamén poidan xerar a forza necesaria para mudar ou desobedecer unha lei inxusta.

Duas visións da sociedade civil

Existen dúas formas de entender a sociedade civil. A primeira ligada ao liberalismo como teoría política e económica. A segunda ligada ás teorías do estado social ou ao marxismo. Algúns autores como J. Keane entenden que a sociedade civil debe incluir tamén ao poder económico, auténtico motor da sociedade. Esta idea xurde das teorías do estado liberal que entenden á sociedade como un conxunto de relacións fundamentalmente económicas. Outros autores como Habermas, entenden que o poder económico está ligado sempre ás estruturas de poder da sociedade, que se forman precisamente para garantilo e protexelo. Por iso non deben incluirse as asociacións económicas dentro da sociedade civil, que debera ser unha esfera alonxada de calquera tipo de coerción.

Os fins da sociedade civil

Para calquera das interpretacións anteriores a sociedade civil ten fundamentalmente os seguintes obxectivos:

  1. controlar e lexitimar a acción do estado
  2. crear unha opinión pública autónoma respecto ao Estado
  3. responsabilizarse dos problemas públicos na mesma medida que o Estado.

Estes obxectivos fan necesario, como xa predecira Rousseau, a educación moral e cívica dos cidadáns, que deben facer da súa participación social e pública un compromiso persoal.

A desobediencia civil

As leis xurídicas presentanse sempre como obrigatorias, pero, como vimos, en ocasións entran en conflito coas crenzas morais. Nestes casos o individuo, só ou como parte da sociedade civil, preguntase acerca da posibilidade da desobediencia.

Naquelas formas de estado non democráticas nas que as leis non emanan do conxunto da sociedade, o individuo non estaría obrigado moralmente a acatalas, porque moralmente non nas aceptou. Sen embargo, aínda nestas sociedades sempre podería argumentarse que é mellor (nalgúns casos) aterse a algún tipo de norma, que o reinado dunha anarquía absoluta. Por exemplo, todos seriamos partidarios de aceptar normas de tráfico, sen as que a conducción sería imposible, aínda que foran impostas pola forza ou o costume. Neste sentido é importante precisar que a actitude de desobediencia lexítima debe ir sempre acompañada da vontade de aceptar compromisos.

En xeral, todos entendemos que sempre é lexítima a desobediencia cando as leis negan dereitos fundamentais ou liberdades básicas dos individuos. Nestes casos podería dicirse que o individuo está non só lexitimado para a desobediencia, senón moralmente obrigado a resistirse á lei e loitar contra ela.

Os medios que se utilizan nesa loita poden ser moi variados, desde a resistencia pasiva dun Gandhi, ata a violencia dunha guerra de guerrillas. A lexitimación moral dun ou outro recurso virá dada polo tipo de opresión que se exerza sobre os cidadáns e os diferentes contextos sociais.

  1. Nas sociedades democráticas semella que a desobediencia civil non debería ter lugar, sen embargo, en moitas ocasións a regra da maioría pode dar lugar a:
  2. Aprobar leis discriminatorias para algúns sectores sociais
  3. A imposibilidade de acceder á igualdade de feito, aínda que esta sexa aceptada formalmente.
  4. A leis irracionais fundamentadas na manipulación e na ignorancia dunha maioría dos votantes.

Nestes casos a desobediencia civil é lexítima. Hai que ter en conta, sen embargo, que nas sociedades democráticas, a desobediencia non se dirixe contra o sistema de goberno ou de implantación das leis, senón contra o inadecuado funcionamento do sistema, que se alonxa das condicións ideais da democracia. Entón a desobediencia civil consegue:

Dar publicidade ao problema xerando a formación dunha opinión pública ao respecto e xerando discrepancias coa opinión pública establecida.

Forzar á maioría da cidadanía a reconsiderar a decisión tomada

Impedir que unha persoa actúe en contra da súa conciencia. Neste caso a desobediencia funciona como obxección de conciencia e terá que estar respaldada por argumentos racionais. Posto que a democracia sustentase implicitamente a través de procedementos de decisión racionais e imparciais, deberá aceptar os argumentos en contra das súas leis sempre que sexan sustentados racionalmente.

A desobediencia civil conleva sempre a aceptación do castigo que impón o imcumplimento da lei, porque o que se acata non é o marco democrático senón as condicións que impiden que as decisións democráticas sexan xustas. Esta aceptación do castigo trae como consecuencia que os cidadáns non desobedecen para mostrar o seu desacordo cos resultados da lei a nivel persoal (o que sería simplemente non aceptar o sistema democrático), senón que o fan para facer entender á sociedade a inxustiza na aplicación dunha lei (aceptando o castigo como mal menor ante o prexuízo moral que suporía acatar a lei en cuestión.

Leer máis textos>>