Na derradeira avaliación do curso introduciremonos
na parte máis conceptual do temario. O termo xustiza
é un termo complexo, polisémico, con multitude
de aplicacións e ámbitos de estudio. Para afondar
nel desde o ámbito de la filosofía del derecho
optaremos por afondar en varias cuestións:
En primeiro lugar tentaremos ver de que xeito se aplican
os principios legais na nosa sociedade e como se garante que
esa aplicación sexa xusta
En segundo lugar tentaremos ver como se definiu historicamente
o termo "xusto" e cal é a concepción
que asumimos na actualidade.
1ª parte: A APLICACIÓN DA XUSTIZA
Si os noso procesos de aplicación das normas son xustos
é algo que só obtén resposta despois
de valorar:
- Cómo se leva a cabo e cales son os momentos
fundamentais dun proceso xudicial.
- En qué medida están garantidos os dereitos
dos homes e mulleres inmersos nun deses procesos.
Non todos os procesos xudicies se poden considerar lexítimos
e xustos, aínda sendo válidos (recorda a diferencia
entre validez e lexitimidade). Exporase na primeira lección
cales son as partes dun proceso, os deberes de cada parte,
as normas a seguir e as condicións que anularían
un proceso. Na segunda lección faise un percorrido
polos principais sistemas de garantir que os dereitos dos
individuos sexan respectados e aproveitarase para facer un
percorrido polo esquema da institución xudicial no
noso país.
lección 1: O PROCESO LEGAL
lección 2: AS GARANTÍAS
PROCESAIS
2ª parte: DEFINICIÓN E PROBLEMÁTICA
DA XUSTIZA
A definición de xustiza precisa un percorrido polos
principais teóricos que tentaron definir o concepto.
Desde sempre a definición deste termo foi prioritaria
para os filósofos fundamentalmente preocupados polo
xeito de vivir ben, humanamente. Por iso faremos un estudio
filosófico, pero non tentaremos describir as distintas
teorías filosóficas, o que sería tarefa
para un curso completo, senón recoller as principais
definicións de man dos sus autores nos seus textos.
Interesaremonos fundamentalmente no cambio que supuxo ao respecto
a modernidad, e a conexión que propiciou entre dereito
e política.
Para iso adicaremos a primeira lección a ese percorrido
histórico, mentras que a segunda estará adicada
á reflexión actual sobre o termo, que adquire
un sesgo fundamentalmente social.
lección 3: A DEFINICIÓN
DE XUSTIZA
lección 4: AS TEORÍAS
CONTEMPORÁNEAS DA XUSTIZA.