MORAL E DEREITO
 

Moral e dereito son as duas formas mediante as que a nosa razón tenta ofrecernos pautas de comportamento que a nosa natureza, máis flexible e aberta que a dos animais, non nos ofrece. A moral proporcionanos regras dende a nosa propia conciencia, o dereito dende a conciencia colectiva.

Neste tema veremos por qué necesitamos normas de conducta, que papel xogan nas relacions sociais do home, como se constitúen en sistemas de normas ou códigos e de que tipo poden ser estes.

Se as normas de conduta son necesarias para os seres humanos, é unha cuestión que só obten resposta despois de valorar:

a)En qué medida estamos condicionados pola natureza, e a partir da resposta a esta cuestión plantexarse se as normas que rexen os organismos condicionados pola natureza son as máis desexables para o ser humano. Estas cuestións discutiránse na lección: A insuficiencia da natureza

b) En que medida poderían homes e mulleres vivir sós, á marxe de calqueira clase de comunidade. Esta cuestión traballarase na segunda lección: O ser humano como ser social.

Se se demostra que as regras da natureza non determinan ao ser humano e que non sería desexable que o fixeran e, ser embargo se proba que non hai verdadeira vida humana fora da sociedade.... entón, as normas non só serán necesarias, senón imprescindibles para reglar os comportamentos individuais e regular as accións sociais.

As sociedades necesitan que se regule e organize a vida colectiva. As normas necesarias pra iso varían segundo a forma de organizarse de cada grupo humano e modificanse historicamente para lograr unha mellor adaptación dos seus integrantes, tanto ao medio ambiente no que viven como para mellorar a convivencia entre eles. A forma particular de organizarse socialmente que ten cada grupo humano chamamoslle "cultura". Cada cultura ten as súas normas específicas e tamén, como consecuencia unhas produccións técnicas, artísticas, relixiosas distintas. Pero sempre, e en cada cultura dunha forma distintas, todas esas formas culturais, normas e produccións, integranse nun sistema que cobra verdadeiro sentido observado no seu conxunto.

As normas que regulan e organizan unha sociedade concreta son de distinta índole, unhas regulan a actividade práctica, outras a vida cotiá, outras a linguaxe... As regras que regulan cada actividade concreta agrupanse nunha unidade ou sistema que chamamos códigos. Na lección Dereitos e Obrigas estudiaremos con son e como se construen e organizan estes códigos. Na última lección Ética e Dereito deteremonos fundamentalmente nos códigos que regulan a convivencia social e a conducta moral.