EXPERIENCIAS E PROXECTOS INNOVADORES NO ENSINO DA FILOSOFÍA

FACULTADE DE FILOSOFÍA DA USC

Santiago de Compostela venres 27 e sábado 28 de novembro

Ademais das experiencias e proxectos que estamos a recibir do profesorado inscrito, contaremos coa presenza de Anne Herla, profesora de Didáctica da Filosofía e Dilosofía da Cidadanía no Departamento de Filosofía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Liège (Bélxica), que falará sobre a situación do ensino da filosofía en Bélxica en comparación co contexto europeo e a necesidade dunha formación en didáctica da filosofía. Así mesmo, esperamos a participación de Ramón Besonías para compartirmos proxectos que incorporen a IA ao ensino da filosofía e disporemos tamén dunha presentación das Olimpíadas Filosóficas como dispositivo didáctico e práctica eficaz, filosófica significativa, así como tamén de diversos proxectos colaborativos no marco da European School Education Platform e a comunidade de escolas en Europa – eTwinning e moitas cousas máis…

Fica pendente de confirmación por parte da Associaçâo de Professores de Filosofia de Portugal (ApF), que sería a encargada da súa xestión, a apertura excepcional desta convocatoria a profesorado de Portugal. As experiencias portuguesas serían expostas durante as Xornadas en formato on line.

Para as persoas interesadas en participar neste encontro, quer presentando algunha experiencia quer participando como observadora, temos destinado o seguinte

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O grupo Nexos de Didáctica da Filosofía e o Decanato da Facultade de Filosofía están en proceso de xestionar o recoñecemento por parte da Consellería de Educación da actividade de formación I Xornadas sobre Experiencias Innovadoras no ensino da Filosofía.

Máis información aquí.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.