Conferencia do profesor Germán Cano (U. Complutense de Madrid), titulada “Sentido y crisis del Realismo Capitalista: cultura, trabajo, tiempo”, que impartirá na Facultade de Filosofía, no seu Salón de Actos, este mércores día 13 de maio ás 18:00h, no marco das nosas Conferencias Mazarelos.
Germán Cano é profesor titular no Departamento de Filosofía da Universidad Complutense de Madrid (UCM). Especializado en filosofía contemporánea, o seu traballo conecta filosofía política, teoría cultural e novas subxectividades, establecendo un diálogo con autores como Antonio Gramsci, Walter Benjamin, Friedrich Nietzsche ou Michel Foucault. Investigou especialmente as relacións entre biopolítica, capitalismo e malestar contemporáneo. Entre as súas obras destacan Mark Fisher: los espectros del tardocapitalismo (Gedisa 2023), Transición Nietzsche (Pre-Textos 2020), Fuerzas de flaqueza: nuevas gramáticas políticas (Los libros de la Catarata 2015) e Mark Fisher: los espectros del tardocapitalismo. Colabora ademais habitualmente en medios e suplementos culturais da prensa española.
A conferencia de Germán Cano inscríbese nunha das liñas centrais do seu pensamento: a análise das formas contemporáneas de malestar e das transformacións da subxectividade baixo o capitalismo actual. Tomando como referencia o concepto de “realismo capitalista” desenvolvido por Mark Fisher, o título apunta a unha reflexión sobre como a cultura, o traballo e a nosa experiencia do tempo quedaron atravesados por lóxicas de rendemento, precariedade e aceleración permanente.
A asistencia é libre ata completar o espazo dispoñible. Estades cordialmente convidadxs.
