A obra está elaborada a partir de textos de Platón, Xenofonte, Dióxenes Laercio e outras fontes antigas e modernas sobre os últimos días da vida de Sócrates. A finalidade desta peza é poñer, por primeira vez, en forma teatral un dos acontecementos históricos de maior importancia: o xuízo público do Estado contra unha figura que contribuíu a fundar a cultura clásica e, por extensión, moderna, dándolle así a actualidade que merece. Será representada pola compañía de teatro Noite Bohemia, que dirixe Javier Fernández Mariño.
Esta compañía naceu no 2008 como un proxecto de teatro escolar no seo dunha institución pública. Desde o Teatro Romano de Mérida ata o Teatro Jovellanos de Xixón, máis de cinco mil persoas por temporada conforman o público que sigue as súas representacións do teatro clásico, principalmente grego e latino. En 2011 a compañía recibiu o primeiro Premio Nacional Grecolatino do Ministerio de Educación español. Desde entón, recibiron dez premios nacionais máis —como os Premios Buero Vallejo de Teatro Novo, o Premio Nacional de Teatro Juan Mayorga ou o Premio de Teatro da Deputación da Coruña.
Achégase o cartaz da actividade.
Estades todxs cordialmente convidadxs. Entrada libre ata completar o aforo da praza.
