Obradoiro sobre Filosofía para Nen@s: “Unha pedagoxía errante e filosoficamente meniña da pregunta”

O xoves, 16 de abril, ás 12.30 celebrarase na Sala Hipatia da Facultade de Filosofía un Obradoiro sobre Filosofía para Nen@s titulado: “Unha pedagoxía errante e filosoficamente meniña da pregunta” impartido polo prof. Dr. Walter Kohan.

O profesor arxentino Walter Omar Kohan é profesor titular de filosofía da educación da Universidade do Estado do Río de Janeiro (UERJ) e investigador do Consello Nacional de Investigacións (CNPq) do Brasil e “Cientista do noso Estado” na Fundación de Apoio á Investigación do Estado do Rio de Janeiro (FAPERJ). Foi profesor visitante en varias universidades de América Latina, Canadá, Francia e Italia e Presidente do Consello Internacional para a Investigación Filosófica con Nen@s (ICPIC) entre 1999-2001. É autor ou co-autor de máis de 30 libros en castelán, italiano, inglés, portugués e francés. Entre eles, Infancia. Entre Educación y Filosofía (Barcelona: Laertes, 2004), Filosofía: la paradoja de aprender y enseñar (Buenos Aires: Libros del Zorzal, 2008), Sócrates. El enigma de enseñar (Buenos Aires: Biblos, 2009), La escuela pública apuesta al pensamiento (Homo Sapiens, 2013); Infancia. Política y Pensamiento (Paraná: La Hendija, 2014); El maestro inventor: Simón Rodríguez (Miño y Dávila, 2014); Viajar para vivir: ensayar (Miño y Dávila, 2015), Manifiesto por una escuela filosófica popular (UNGS, 2020), Paulo Freire más que nunca (CLACSO, 2020) y Paulo Freire: un niño de 100 años (Homo Sapiens, 2023).

Esta actividade está organizada en colaboración co Centro de Filosofía para Nenos e Nenas de Galicia responsable da organización do XXXII Encontro Iberoamericano de Filosofía para Nen@s que se celebra en Noia e Outes do 16 ao 19 de abril.

Estades cordialmente convidad@s a asistir.

Profs. Ana Rabe e Xosé L. Pastoriza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.