Ciclo de actividades polo aniversario da morte de Franco

Este xoves 20 de novembro, ás 18:00h, dará comezo unha serie de actividades relacionadas co 50 aniversario da morte de Franco, consistentes en conferencias, mesas redondas e proxeccións cinematográficas especiais no marco do Ciclo de Cine Filosófico, todas as cales están organizadas polo estudantado do Grao. Achégovos aquí o cartaz co programa de actividades, a primeira das cales é esta:

20/11, 18:00h., Salón de Actos (Fac. Filosofía) Que non debemos esquecer?

-18:00: Presentación do ciclo de actividades por parte dos/das organizadores/as.

-18:15-19:00: Conferencia de Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea, USC, director científico do CISPAC, director do proxecto Nomes e Voces sobre a represión franquista en Galicia): “A historia da ditadura (1939-1977) precisa dun novo relato: da memoria das vítimas á memoria dos verdugos”.

-19:00-20:30: Debate entre estudantes: ven expor as túas dúbidas e a falar en asemblea sobre o que pasou e a sombra que aínda ameaza.

-Moderan a conferencia e o debate: Candela Piñeiro Estévez e Víctor D’Ambrosi Rodríguez.

Estades convidados/as. Entrada libre ata completar a capacidade do espazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.