Eventos en conmemoración do Día Mundial da Filosofía (20 Novembro)

Xornadas de ética animal e estudos animais

17 e 18 de novembro, Sala de Xuntas da Facultade de Filosofía
Universidade de Santiago de Compostela

Luns 17 de novembro:

19:00h · Literatura: Manuela Palacios, “Animais literarios e violencia”

19:15h · Educación: Milena Villar Varela, “Da reflexión ética ao diálogo educativo: un proxecto interdisciplinar sobre ética animal”

19:30h · Activismo: Olaia Freiría, Presentación e proxección e do documental Seantience

20:00h · Filosofía: Marena Pérez Alvia, “Alén do demos humano: é posíbel unha política interespecie?”

Martes 18 de novembro:

19:00h · Filosofía: Emma Cepeda Mouriño, “Repensando a deshumanización: unha revisión feminista da inxustiza estrutural e os límites da comunidade moral”

19:15h · Dereito: Evelym Pipas Morgado, “Indústria de couro animal: análise da atividade espanhola sob a ótica do antiespecismo”

19:30h ·Filosofía: Iria Murado Carballo, “Ética animal e pragas urbanas: retos e posibilidades para a cidade multiespecie”

19:45h · Literatura: Claudia Fernández Estrada, “O León que Sangra: Corporalidade Animal e Abstracción Simbólica en Yvain, ou le Chevalier au Lion (c. 1180) de Chrétien de Troyes”

Coorganizan: Facultade de Filosofía,  Grupo de Innovación Docente en Estudos Animais no Ensino, Proxecto Wild Animal Ethics | USC

II Encontro de Didáctica da Filosofía

19 a 22 de novembro, Salón de Actos da Facultade de Filosofía

Organiza: Grupo NEXOS de Didáctica da Filosofía en colaboración coa Facultade de Filosofía.

Mércores día 19 de novembro ás 18:00Ciclo Cine Filosófico con Rémy David (Collège International de Philosophie/Université Paris Nanterre) e Xavier de Donato (decano da Fac. de Filosofía): proxección e debate sobre o filme “Touch of evil” [Sede de mal] (1958), de Orson Welles. 

Xoves 20 ás 12:30Conferencias Mazarelos con Rémy David  (Collège International de Philosophie/Université Paris Nanterre):  “Pensar la sociedad de las normas con Georges Canguilhem y Michel Foucault”. 

Venres 21 (a partir das 16:30) e sábado 22 (de 9:00 a 19:00): “II Encontro de Didáctica da Filosofía” (relatorios e mesas redondas sobre didáctica da filosofía nos que participarán Rémy David, Domingos Faria, Miguel Ángel Martínez Quintanar, Isabel Bernardo e Elisete Tomazetti. Os temas serán “O pensamento filosófico na tradición lusófona e o canon académico. Sobre a posible inclusión de ideas, temas e/ou autores e autoras no currículo de filosofía de ensino medio.” e o “Uso dos novos medios dixitais no ensino e aprendizaxe da filosofía.”)

Xornadas “Olladas no pasado. Ramón Piñeiro (1915-2025), 110 anos”.

21 e 22 de novembro, Salón de actos do Pazo de San Roque (Rúa de San Roque, 2)

Organiza: Ámbito de Estudos de Historia Contemporánea do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Coordina: Amanción Liñares Giraut. 

As Xornadas contarán coa participación de profesorado vinculado a esta Facultade:

Venres, 21 de novembro:

·                    17.30 h. Conferencia de Carlos A. Baliñas  (Catedrático de Filosofía, USC): “Ramón Piñeiro. Galicia con sentido da realidade”.

Sábado, 22 de novembro

·                    10.00 h. Conferencia de Marcelino Agís (Catedrático de Filosofía, USC): “Ramón Piñeiro: Filosofía e acción”.

·                    19.00 h. Presentación do libro “Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto. Filosofía e poesía que producen quilowatts” de Xosé L. Pastoriza (Profesor Axudante Doutor, USC).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.