SEMINARIO DA LUSOFONÍA
GRUPO NEXOS DE DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
CURSO 2025-2026
Este Encontro preséntase como unha continuación dos obxectivos perseguidos coas Xornadas desenvolvidas o pasado curso 2024 – 2025, é dicir, unha actualización na formación didáctica específica do profesorado de Filosofía de ensino secundario (aberto tamén á posible participación do profesorado universitario interesado na súa capacitación didáctica, e do alumnado da Facultade de Filosofía). Nesta ocasión pensamos nun formato máis limitado, centrado en poucas actividades, todas con carácter plenario (é dicir, dirixidas a todos os inscritos e inscritas).
Decidimos incluír asemade a continuación do programa de investigación e formación do Seminario da Lusofonía, en colaboración coa Associaçâo de Professores de Filosofía (https://apfilosofia.org/) e coa profesora Elisete M. Tomazetti (Universidade Federal de Santa Maria, Estado de Rio Grande do Sul, Brasil), posto en marcha nas devanditas Xornadas.
Consonte as Liñas prioritarias do Programa de Formación do CAFI desenvólvense as seguintes: Didáctica, Dixital, Innovación e Investigación.
Todas as actividades realizaranse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC.
Esta proposta conta co apoio do Decanato da Facultade. O Seminario da Lusofonía terá un carácter virtual cuxa coordinación corre a cargo da Associaçâo de Professores de Filosofía.
Temos recoñecida a homologación provisional da actividade por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
PROGRAMA
Venres 21 de novembro
16,30 – 18,00 h
A evolución do ensino e a historia dos debates sobre o ensino da filosofía desde os anos 70.
Encontro – diálogo con David Rémy (Collège International de Philosophie) Modera o diálogo: Grupo Nexos
18,00 – 18,30 h: Pausa
18,30 – 19,30 h
Prácticas de experimentación e de innovación no ensino de filosofía
Encontro – diálogo con David Rémy (Collège International de Philosophie). Modera o diálogo: Grupo Nexos
20,00 h: Debate aberto e conclusións
Sábado 22 de novembro
09h45 [hora española] Abertura da comunicação a distância (receção dos participantes)
10h00 [hora española] Abertura dos trabalhos
Conferência
O pensamento filosófico na tradição lusófona e o cânon académico. Sobre a possível introdução de ideias, temas ou autores no currículo de filosofia no ensino não superior, por Domingos Faria (FLUP, Portugal), Miguel Ángel Martínez Quintanar (Universidade de Santiago de Compostela, Galiza) e Elisete Medianeira Tomazetti (Universidade Federal de Santa Maria, Rio Grande do Sul, Brasil)
Debates com a duração de cerca de 20 min após cada intervenção.
14h30 [hora española] Almoço
16h00 [hora española] Reabertura dos trabalhos
Conferência
Uso dos novos meios digitais no ensino e aprendizagem da Filosofia, por Isabel Bernardo (Portugal), Grupo Nexos (Galiza) e Elisete Medianeira Tomazetti (Universidade Federal de Santa Maria, Rio Grande do Sul, Brasil)
Debates com a duração de cerca de 20 min após cada intervenção.
19h30 [hora española] Debate e conclusões gerais
20h00 [hora española] Encerramento dos trabalhos
As persoas inscritas poden optar por participaren presencialmente ou asistiren virtualmente as sesións, a través da ligazón que se enviará oportunamente.
As seguintes actividades do mércores e xoves forman parte dun programa específico promovido polo Decanato da Facultade de Filosofía e son de asistencia libre ata completar o aforo. Non forman parte das actividades específicas de formación do Encontro e xaora non se incluirán nas horas homologadas.
Mércores 19 de novembro
18,00 – 20,30 h
Cine-Filo, unha práctica filosófica aberta ao espazo cidadán
Presenta: David Rémy (Collège International de Philosophie)
Xoves 20 de novembro
12,30 – 14,00 h
Pensar a sociedade de normas con Canguilhem e Foucault
Presenta: David Rémy (Collège International de Philosophie)
