Como decano da Facultade de Filosofía é un pracer convidarvos a un dos actos que forma parte do programa “Filosofía na Rúa 2024”, con motivo do Día Mundial da Filosofía (21 de novembro). Nesta ocasión a bailarina e investigadora Elsa Pereira preséntanos un espectáculo de danza e arte de acción titulado “Deriva Senso-Sonora: Os Camiños do Desexo”, o cal terá lugarna Facultade de Filosofía o vindeiro mércores 13 de novembro ás 18:45.