Unha produción teatral de Producións Excéntricas. Esta representación no Salón de Actos da Facultade de Filosofía está financiada coa axuda da Vicerreitoría de Cultura e Estudantes, ao abeiro da “Convocatoria de axudas destinados ao desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e deportiva, 2024”.
Evaristo Calvo, integrante do dúo teatral Mofa&Befa, é un director de teatro e actor nacido na Coruña en 1961. A súa carreira como actor no mundo do teatro e do cinema e moi prolífica. Comezou a súa actividade interpretativa a mediados dos 70 no teatro afeccionado coruñés, participando posteriormente en numerosos grupos. O dúo Mofa e Befa con Victor L. Mosqueira foi o que lle deu maior fama. No cine e TV de Galicia participa desde finais dos 80 en numerosos proxectos. A fins dos 90 colabora na serie de ficción “Manos a la obra” para Antena 3 Televisión. En cine realizou papeis variados tanto en curtas como en longametraxes. É Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem “Mofa e Befa” (con Víctor Mosqueira) por “A gran liquidación”.
Entrada de balde ata completar aforo