Conferencias Mazarelos, 7 de novembro ás 12:30h En conversación con Rafael Argullol, catedrático de Estética, no Salón de Actos de Filosofía

O vindeiro xoves día 7 de novembro ás 12:30, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC (Praza Mazarelos), terá lugar unha nova conferencia da serie“Cultura en Mazarelos”. Nesta ocasión o profesor e escritor Rafael Argullol Murgadas (Departament d’Humanitats, Universitat Pompeu Fabra) impartirá unha conferencia sobre o seu libro máis recente: Danza humana (Acantilado, 2023). Rafael Argullol (Barcelona, 1949) é catedrático de Estética e Teorías das Artes no Departamento de Humanidades da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e membro do CEFET (Centro de Estudios Filosóficos Eugenio Trías). Foi profesor visitante na Universidade de Berkeley e foi profesor na Facultade de Filosofía na Universitat de Barcelona. Foi Premio Nadal de novela (1993), Premio Internacional de Ensayo Casa de América (2002), Premi Ciutat de Barcelona (2010), Premio Observatorio Achtall de Ensayo (2015) e Premio Alicia a la Mejor Creación (2019). É autor de máis de vinte libros de ensaio, e outros tantos de narrativa e poesía. Entre os seus libros de ensaio filosófico destacan: El Héroe y el Único (Taurus, 1984), Tres miradas sobre el arte (Icaria, 1985), El fin del mundo como obra de arte (Destino, 1990), Sabiduría de la ilusión (Taurus, 1994), Aventura. Una filosofía nómada (Debolsillo, 2000), Una educación sensorial. Historia personal del desnudo femenino en la pintura (Fondo de Cultura Económica, 2002), Manifiesto contra la servidumbre. Escritos frente a la guerra (Destino, 2003), La atracción del abismo (Acantilado, 2012), Maldita perfección. Escritos sobre el sacrificio y la celebración de la belleza (Acantilado, 2013), Visión desde el fondo del mar (Acantilado, 2010) e Danza humana (Acantilado, 2023).

O acto está organizado polo decanato da Facultade de Filosofía e o Instituto de Humanidades (iHUS).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.