A mesa redonda “Miradas complementarias: unha análise multidisciplinaria do conflito palestino-israelí en Oriente Próximo”, terá lugar o mércores 30 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. A organización do acto é froito da colaboración do Reitorado da USC, a través da Comisión para o Desenvolvemento de accións a prol da Comunidade Universitaria Palestina, delegada de Consello de Goberno, a Facultade de Filosofía da USC e a “Fundación Araguaney – Puente de Culturas”.
O acto transmitirase a través da canle de streaming da USC. A ligazón para o directo será esta: https://youtube.com/live/Bp_OoS4pJ6I?feature=share


Participan:
- Antonio Míguez Macho, profesor de Historia Contemporánea (Facultade de Xeografía e Historia, USC).
- Antón Losada, profesor de Ciencia Política e da Administración (Facultade de Ciencias Políticas, USC).
- Luís García Soto, profesor de Filosofía Moral e Política(Facultade de Filosofía, USC).
- Ghaleb Jaber Ibrahim, médico, empresario, doutor en xornalismo e presidente de honra da Fundación Araguaney.
- Leila Nachawati Rego, escritora e activista hispano-siria, experta en Oriente Próximo e defensora dos dereitos humanos, profesora do Dpto. de Comunicación da Universidad Carlos III de Madrid.
- Sara Ashour, representante de la Asociación Galaico Árabe Jenin e activista.
Moderan:
- Jesús Núñez Villaverde, co-director do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Axuda Humanitaria (IECAH).
- Guadalupe Jiménez Esquinas, profesora da área de Antropoloxía Social (Facultade de Filosofía, USC)
Coordinan:
- Xavier de Donato Rodríguez, decano da Facultade de Filosofía, USC
- David Rodríguez Seoane, director da Fundación Araguaney