Mesa redonda: “Capitalismo, arte e tecnoloxía na era da revolución molecular”

luns 14 de outubro ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía terá lugar a mesa redonda “Capitalismo, arte e tecnoloxía na era da revolución molecular”, na que intervirán o filósofo Gerald Raunig (Hochschule der Künste, Zürich, Suiza), a politóloga Isabell Lorey (Kunsthochschule für Medien, Colonia, Alemania) e o traductor Kike España (traductor da obra de Raunig ao español). A mesa redonda será moderada polo prof. Xavier de Donato (Decano da Facultade de Filosofía). Esta é unha actividade da Facultade de Filosofía en conxunto co Instituto de Humanidades da USC (iHUS) na que colabora o grupo de investigación “Discurso e identidade”. A asistencia é aberta a todos os públicos: entrada libre ata completar o aforo. 

Gerald Raunig vive e traballa en Zürich na Hochschule das artes e tamén no Instituto Europeo de Políticas Culturais Progresivas de Viena. É coeditor da revista Kulturrisse. Zeitschrift für radikaldemokratische Kulturpolitik e investiga a relación entre a produción de arte e a produción do coñecemento no contexto do capitalismo cognitivo. É autor dos libros: Capitalismo maquínico e revolución molecular (2 vols.) e Arte y revolución. Activismo artístico en el largo siglo XX (ambos os dous en alemán, traducidos ao castelán e ao inglés). Pola súa parte, Isabell Lorey é profesora da Kunsthochschule für Medien, Colonia. Foi profesora da Universidade de Kassel e impartiu clases de feminismo, teoría política e postcolonial nas universidades de Basilea, Berlín e Viena. Membro do European Institute for Progressive Cultural Policies, publicou sobre precariedade, movementos sociais e democracia en distintas revistas internacionais. Recentemente foi traducido ao castelán o seu último traballo: Estado de inseguridade. Gobernar a precariedade (Traficantes de Soños, 2016), prologado por Judith Butler. Kike España é traductor da obra de Gerald Raunig ao castelán nas editoriais Cactus e Traficantes de sonos.

Actividade organizada pola Facultade de Filosofía en colaboración co Instituto de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.