Informamos da vindeira sesión do noso Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía (USC). Será este mércores día 25 de setembro ás 18:00h no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Planta baixa da Facultade, Praza Mazarelos s/n, Santiago de Compostela). Vaise proxectar o film Queen Christina [Raíña Cristina] (1933), do director armenio-estadounidense Rouben Mamoulian (VOSE).Esta é unha actividade do proxecto “Cultura en Mazarelos” da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade. Entrada de balde ata completar aforo.
Este mércores día 25 de setembro ás 18:00h vaise proxectar o film Queen Christina [Raíña Cristina] (1933), do director armenio-estadounidense Rouben Mamoulian (VOSE)
