Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb (1964), de Stanley Kubrick (VOSE)

O Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía (USC), comeza este curso mañá mércores día 18 de setembro ás 18:00h no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Planta baixa da Facultade, Praza Mazarelos s/n, Santiago de Compostela). Vaise proxectar o film Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb (1964), de Stanley Kubrick (VOSE).Esta é unha actividade do proxecto “Cultura en Mazarelos” da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e conta cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade. Entrada de balde ata completar aforo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.