O CORPO HUMANO

Os días 4 a 6 de setembro de 2024 celebrarase un seminario internacional titulado “O Corpo Humano entre a antigüidade e o barroco: ciencia, arte e pensamento” no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, co organizado por membros do iHUS pertencentes ás Facultades de Filosofía, Filoloxía e Xeografía e Historia da USC. Paralelamente, e de forma asociada a dito seminario, haberá unha exposición sobre o corpo humano na Igrexa da universidade que estará aberta do 3 ao 11 de setembro. Anexamos o cartel e o tríptico do seminario, así como o cartel da mencionada exposición. Rógase axuda na difusión destas actividades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.