Celso Sánchez Capdequí (Dpto. de Socioloxía, Universidad Pública de Navarra) impartirá a conferencia “La (r)evolución del imaginario: ontología de la creación y cambio social radical”

O Imaxinario constitúe un avance substantivo e orixinal na investigación social sobre a creatividade. Na proposta que se está a valorar pénsase desde unha ontoloxía non-esencialista. O imaxinario é creativo porque reflexiona sobre o xurdimento histórico dos ideais sociais. O cambio social implica descontinuidades radicais que non poden ser explicadas por causas deterministas. Nesta conferencia analízase a relación crucial entre cambio e imaxinario social principalmente desde a perspectiva aberta na obra do sociólogo francés de orixe grega Cornelius Castoriadis sobre as institucións sociais, o imaxinario e a creatividade. Castoriadis é autor das importantes obras: A institución imaxinaria da sociedade (1975), Capitalismo moderno e revolución (1979), Suxeito e verdade no modelo socio-histórico (2002) e Fenêtre sur le chaos (2007)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.