Mesa Redonda: “A Paixón de Simone: a filósofa Simone Weil na ópera de Kaija Saariaho”, na Facultade de Filosofía o mércores 10 de abril ás 19:30 no Salón de Actos

Interverán a filósofa, catedrática de Filosofía moral e política xubilada da nosa universidade, María Xosé Agra e a directora de orquestra portuguesa Joana Carneiro.

O evento está coorganizado pola Facultade de Filosofía e a Real Filharmonía de Galicia. Este acto conta como presentación do concerto que terá lugar ao día seguinte, xoves día 11, no Auditorio de Galicia, no que se interpretará a ópera-oratorio da compositora finesa Kaija Saariaho “A Paixón de Simone”, dedicada á filósofa e activista política francesa Simone Weil (1909-1943).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.