Este xoves día 4 de abril ás 12:30 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC (Praza Mazarelos) terá lugar unha nova conferencia da serie“Cultura en Mazarelos”. Nesta ocasión a profesora Atocha Aliseda impartirá a conferencia “¿Inteligencia Artificial y Creatividad: De Leibniz a ChatGPT?”. A profesora Atocha Aliseda é unha recoñecida experta nos estudos do razoamento abductivo e do seu rol na creatividade, a investigación científica e a IA, moi particularmente no ámbito do diagnóstico médico. Graduouse en matemáticas na Facultade de Ciencias da UNAM e doutorouse en Filosofía e Sistemas Simbólicos na Universidade de Stanford (California, EE.UU.). É investigadora do Instituto de Investigaciones Filosóficas da UNAM (México) e actualmente é Investigadora María Zambrano na UNED (2022-2024). É autora, entre outras publicacións, dos libros Abductive Reasoning: Logical Investigations into Discovery and Explanation (Springer, Synthese Library, 2006) e La lógica como Herramienta de la Razón: Razonamiento Ampliativo en la Creatividad, la Cognición y la Inferencia (Cuadernos de Lógica, Epistemología y Lenguaje, Volumen 6, College Publications, Milton Keynes, UK, 2014). Actualmente tamén é coordinadora do Seminario de Epistemología de las Ciencias de la Salud (UNAM, México).
Entrada libre ata completar o aforo.